Pin It

Widgets

|

La Xunta amplia la alerta naranja a toda Galicia y suspende las actividades escolares al aire libre mañana MIÉRCOLES


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento que afectará a partir de mañá ás catro provincias galegas.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Pontevedra ampliarase a partir das 00.00 horas ao resto do territorio galego.
Os refachos máximos de vento poderán superar os 90 km/h. nas zonas noroeste, Miño e Valdeorras da provincia de Ourense; no interior da Coruña e no centro e zona sur da de Lugo. Na zona da montaña e da Mariña lucense e no interior de Pontevedra o vento poderá superar os 100 km/h. e no sur e montaña de Ourense os 110 km/h.
Suspensión das actividades no exterior dos centros educativos
Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas acaba de tomar a decisión de suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos polo aviso deste temporal de vento que afectará a partir desta media noite a toda a comunidade galega.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión acordou a suspensión das actividades, con seguimento das condicións meteorolóxicas. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.
Alerta laranxa na cosa da Coruña e Lugo
Doutra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias tamén informou dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir das 5.00 horas desta madrugada ao litoral das provincias da Coruña e Lugo. O vento será do suroeste e forza 8, ocasionalmente 9, e a mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros de altura.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), sobre as 21 horas de hoxe iniciarase en ambas zonas un fenómeno meteorolóxico adverso por mar combinada e ondas de 5 metros de altura. Esta previsto que esta situación se manteña durante toda a noite e remita en torno ás 6 horas de mañá, sábado.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
http://www.xunta.es/
Card

- Por: José M - Artículo: La Xunta amplia la alerta naranja a toda Galicia y suspende las actividades escolares al aire libre mañana MIÉRCOLES
Recomiendalo :

0 comentarios for "La Xunta amplia la alerta naranja a toda Galicia y suspende las actividades escolares al aire libre mañana MIÉRCOLES"

Comentarios

Los comentarios son libres y responsabilidad exclusiva de quien los realiza. No existe censura ni moderacion previa, no obstante si alguien se considera ofendido a nivel personal por alguno emitido de forma anónima, puede exponer su queja al correo jmporense@gmail.com y se estudiará si procede la retirada del mismo. Gracias.

Con la tecnología de Blogger.

Nuevos Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...