Pin It

Widgets

|

Na defensa cega de Xan Morales Somozas

A información de Medigalicia Comunicación, S.L. e a liberdade útil (ou utilitarista?)

 Nos últimos días, en certos ámbitos deportivos de Ferrolterra, houbo certo malestar porque ningún dos sitios webs dedicados ao deporte, desenvolvidos pola empresa Medigalicia Comunicación, S.L., publicara unha protesta multitudinaria de persoas que, pretendendo reclamar mellor atendemento para o Narón Balompé Piñeiros, interromperon un pleno do Concello do Narón.

 A empresa que dirixe Xan Morales Somoza, Medigalicia Comunicación, S.L., sempre preocupada pola liberdade da información, pero sobre todo pola primicia informativa, omitiu no pasado día 27 de novembro unha información relevante, que tivo un carácter social e deportivo na comarca de ámbito informativo dun dos seus sitios web, Ferrolterra.

Ás 19,00 horas do día citado tiña lugar un pleno municipal do Concello de Narón no que se ían debater os orzamentos anuais.
Como anunciaran a diferentes medios desde o Narón Balompé Piñeiros, acudirían ao acto entre 80 e 100 persoas vinculadas a esta entidade deportiva. Este público foi distribuído por diferentes lugares do salón. En determinado momento, parte dos asistentes, arredor de 80, os vinculados ao Narón Balompé Piñeiros, ergueron a voz ao unísono para corear o nome do club, “Narón, Narón”, acompañando o grito co bater das súas palmas. A acción pacífica que interrompeu o pleno durou cinco minutos e, acto seguido, os que se pronunciaban reclamando un mellor trato desde a alcaldía e da Concellería de Deportes, levada por Natalia Hermida Rico, representante do partido Terra Galega, marcharon da sala. No decurso da acción o alcalde, José Manuel Blanco Suárez, tamén de Terra Galega, aludiu á posibilidade de suspender o pleno. Non foi precisa a intervención policial.

O feito, relevante para medios de comunicación como Diario de Ferrol ou galiciaartabradigital.com (engadimos ligazón*), pasou desapercibido para o sitio de deporte comarcal xestionado por Medigalicia Comunicación, S.L.
 Non creo que exista mala vontade no empresario de Medigalicia Comunicación, S.L., que neste momento tamén xestiona o sitio web da Federación Galega de Fútbol. Probablemente descoñecía,  dado o seu ben gañado “pluriempleo informativo”, que esa protesta existía e estou absolutamente convencido que tampouco teñen que ver nesa omisión, por moito que ás persoas malintencionadas lles puidera parecer,  os seguintes feitos:
1. Que os dous sitios web de Medigalicia Comunicación, S.L. teñen publicidade do Concello de Narón.
2. Que Medigalicia Comunicación, S.L., a través dun dos seus sitios web, organiza, en colaboración coa delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol, a gala anual do fútbol en Ferrolterra no Pazo da Cultura do Concello de Narón.
3. Que o Narón Balompé Piñeiros e/ou algúns dos seus dirixentes presentaron hai uns meses, presuntamente, diferentes demandas contra artigos publicados por Morales Somoza nunha das súas plataformas, sobre informacións económicas, tamén presuntamente incertas, referentes ao club. Nesa presunción da existencia de demandas, as mesmas, tamén presuntamente, poden ir de tres a seis por ese presunto mal uso da información.

A actitude omisiva de Xan Morales Somoza deféndoa con tres argumentos que espero rebatan os anteriores na súa totalidade, a forza de sentirme profundamente frustrado de non conseguilo:
1. Teño a convicción de que ninguén lle informou do que ía acontecer no Concello.
2. Que aínda na posibilidade de coñecelo, tamén ten o dereito absoluto a informar do que considere oportuno, para iso é a súa empresa e son os seus medios.
3. Lembro que Xan Morales Somoza continúa a ser membro do xurado dos premios José Couso á liberdade de prensa e por iso defendo, abertamente, que un membro do Colexio de Xornalistas Profesionais de Galicia que ten esa representatividade, nunca, e digo, NUNCA, podería facer dolosamente un uso incorrecto da información, atentando contra os principios fundamentais que inspiran os códigos deontolóxicos  do xornalismo e das súas asociacións.

Creo que Xan Morales Somoza e Medigalicia Comunicación, S.L. son gloriosos exemplos da defensa da libre vontade e tamén exemplo dignísimo de como o exercicio do dereito fundamental á liberdade en prensa pode exercerse mesmo estando nunha convivencia permanente co poder sen corromperse, como se fosen corpos santos ou espíritos celestiais.

Carlos Castro

*Enlace referido e información sobre lo escrito, pinchando aquí. 

- Por: José M - Artículo: Na defensa cega de Xan Morales Somozas
Recomiendalo :

0 comentarios for "Na defensa cega de Xan Morales Somozas"

Comentarios

Los comentarios son libres y responsabilidad exclusiva de quien los realiza. No existe censura ni moderacion previa, no obstante si alguien se considera ofendido a nivel personal por alguno emitido de forma anónima, puede exponer su queja al correo jmporense@gmail.com y se estudiará si procede la retirada del mismo. Gracias.

Con la tecnología de Blogger.

Nuevos Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...