Pin It

Widgets

|

La cantera del Arrabaldo será controlada por el Celta de Vigo

No estadio de Balaidos, firmouse o convenio de colaboración entre a Fundación Celta de Vigo e a S.D.C. Arrabaldo. Na firma estiveron: o presidente da Fundación Celta : Juan Arteta;  o xogador do Real Club Celta de Vigo, Xoel e o presidente da SDC Arrabaldo.

 Con este convenio a Fundación  Celta de Vigo contará coa primeira escola de fútbol en Ourense e a segunda fóra da provincia de Pontevedra. SDC Arrabaldo xunto co Xuventude de Oroso (Zona de Compostela) serán equipos integrados dentro das categorías base do club celeste. Con este convenio a Fundación Celta pasará a controlar os equipos: Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, nomeando un coordinador e os adestradores dos citados equipos. Os equipos seguirán competindo co nome de SDC Arrabaldo. Cada categoría estará formada por dous equipos, aproximadamente 130 xogadores en total. Todas estas categorías dependerán da dirección deportiva do Celta, que intentarán implantar nestes equipos a metodoloxía, filosofia, tipos de adestramentos, comportamentos e hábitos deportivos… das categorías base do Celta.

Esta integración leva os seguintes beneficios: imos ter dereito a entradas, a Balaidos para ver os partidos do Celta, na primeira división; os xogadores que progresen adecuadamente irán a adestramentos especificos á Madroa; formación continua para os adestradores do Arrabaldo, trasladar sistemas de xogo e adestramentos… da base do Celta os equipos do Arrabaldo, participación de equipos do Celta en torneos, sempre que o consideremos necesario;  e colaboración total nos temas que consideremos interesantes para ambos clubs, informa a web do Arrabaldo 

 O coordinador dos equipos do Arrabaldo de prebenxamín a infantil, nomeado pola Fundación Celta será: Diego García Sarabia. Foi adestrador de equipos da base do Real Club Celta, coordinador da base de C. D. Ourense, adestrador e coordinador do Arrabaldo na tempada 10/11 e actualmente traballa na Madroa, na base do Celta e representa a Fundación en Ourense.
Consideramos moi positivo este acordo para contar cun coordinador deportivo, implantar adestramentos adecuados e intentar mellorar a competitividade dos distintos equipos. Esto non ten porque supoñer un cambio total de adestradores, virán novos técnicos pero terán en conta a tódolos que están actualmente dentro da estructura do club.
Todos os xogadores que actualmente están non distintos equipos do Arrabaldo, seguirán contando con eles, mentras non decidan abandonar o club, é dicir non se prescindirá de ningún xogador actual, intentarán que melloren en comportamento e deportivamente   e sexan máis competitivos.




- Por: José M - Artículo: La cantera del Arrabaldo será controlada por el Celta de Vigo
Recomiendalo :

0 comentarios for "La cantera del Arrabaldo será controlada por el Celta de Vigo"

Comentarios

Los comentarios son libres y responsabilidad exclusiva de quien los realiza. No existe censura ni moderacion previa, no obstante si alguien se considera ofendido a nivel personal por alguno emitido de forma anónima, puede exponer su queja al correo jmporense@gmail.com y se estudiará si procede la retirada del mismo. Gracias.

Nuevas Publicaciones

Con la tecnología de Blogger.

Nuevos Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...