Pin It

Widgets

|

La Revista del Fútbol Femenino Galego (Diciembre) aborda el polémico nombramiento de los seleccionadores para el Galicia-Catalunya


En esta edición de la Revista del F.F. galego, su Director Carlos Castro aborda en un extenso y documentado artículo de opinión, la polémica surgida por el nombramiento de los seleccionadores del combinado gallego para el Galicia-Cataluña de selecciones absolutas femeninas que se disputará en el Campo Municipal de A Lomba el próximo  22 de diciembre a las 19:00 horas. Aconsejamos leer el texto completo en la revista y tratar de entender los motivos por los que se toman decisiones "extrañas" como en el caso que nos ocupa. Carlos es todo un experto en el mundillo del fútbol femenino, nosotros no, pero en asuntos federativos ya no nos sorprende nada, basta recordar como se eligieron a ciertos seleccionadores de base en Ourense. 

Calquera serve 
 Carlos Castro 

Quin Balbuena e Susú Cores, á fronte 
da irmandiña 

Hai  poucas  semanas  a  FGF,  logo  de  procurar 
absurdamente  o  inexistente,  técnicos  ou  técnicas 
galegas  con  sona  vinculadas  ao  fútbol  feminino, 
tomaron  a  decisión  de  darlle  un  dos  mellores 
premios  que  se  poden  conceder  a  un  treinador,  o 
cargo de seleccionador absoluto, a Quin Balbuena e 
a Susú Cores. A partir dese momento as chamadas 
do  futfem  sucedéronse,  pedíannos  resgardar  a 
intimidade das súas manifestacións, que mostraban 
un  malestar  moi  acusado.  A  través  deste  artigo, 
pulsando  unha  actualidade  rabiosa,  nunca  mellor 
dito, queremos analizar este feito. A moita xente, o 
nomeamento  pareceulle  unha  frivolidade,  cando 
non  unha  inxustiza.  Como  mínimo,  a  decisión  do 
trío  Louzán,  Falque  e  Manu  Fernández  é  o 
resultado dun desleixo. 

Outra  pregunta  asáltanos  para  comprobaar  a 
desigualdade  de  atención  que  se  lle  dá  ao  fútbol 
feminino en relación ao masculino. No caso que no 
masculino  non  houbera  técnicos  galegos  como  os 
que  coñecemos,  porían  aos  Lucas,  Iago  Aspas, 
Joselu  ás  ordes  dos  seleccionadores  galegos  da 
sub’18 e da sub’12? E ollo que non facturará máis, 
pero  no  contexto  do  fútbol  mundial,  por  exemplo, 
Vero  é  máis  importante,  a  teor  das  listas  FIFA  e 
UEFA, que calquera dos tres citados. 

Antes  de  comezar  a  ler  este  artigo  é  moi  importante 
que o lector non esqueza, sobre todo de tratarse dalgún 
citado, as seguintes cinco cousas. 

Primeira. 
Este é un artigo de opinión, aínda que teña a 
información obxectiva necesaria para sustentalo. 
Segunda.
Non  se  trata  dun  artigo  contra  as  persoas, 
senón  dunha  valoración  reflexiva  da  traxectoria  no 
fútbol dos novos seleccionador e seleccionadora. 
Terceira.
 En base ás dúas anteriores, elevar á reflexión 
pública  se  é  xusto  que  Quin  Balbuena  e  Susú  Cores 
ostenten  esa  representatividade.  Sobre  todo  tras  a 
cantidade de mensaxes que recibimos de seguidores do 
fútfem galego, incomodados con ese nomeamento. 
Cuarta. 
 Como  queremos  facer  crítica  construtiva, 
aportamos  alternativas  de  persoas  con  curricula  máis 
importantes para optaren ao exercicio do cargo. 
Quinta.
  O  texto  non  pretende  escurecer  o  valor  do 
partido. Polo contrario, entendemos que a recuperación 
do encontro de Nadal da absoluta é necesario, axuda ao 
progreso.  Pensamos  que  o  evento  é  unha  das 
manifestacións  anuais  máis  importantes  do  futfem 
galego  e,  nese  sentido,  felicitamos  á  FGF  pola 
iniciativa. 

Sen embargo, con independencia disto, os acertos non 
deben disimular o que parte do noso futfem considera 
desacertado.  Até  nós  chegaron  moitas  críticas 
realizadas  por  persoas  vinculadas  directamente  co 
fútbol  feminino  galego  (aquí  “moitas”  non  é  unha 
esaxeración, senón un adverbio de cantidade). Por iso, 
este artigo vólvese un compromiso cos nosos lectores, 
un medio para que se escoite a súa voz, interactuando 
con eles, e unha voz que reforzamos cos nosos datos, 
que fan o seu desacordo máis contundente. 

O  día  22  a  selección  galega  absoluta  xogará  contra 
Cataluña un partido amigable. O partido está cargado 
de simbolismo porque se recupera a irmandiña tras oito 
anos e con ela a posibilidade de ver, xunto ás mellores 
que  aínda  seguen  nos  nosos  equipos,  a  Vero,  a  Mari 
Paz, a Anair, a Sarita, a Carolina, a Andrea Mirón, a 
Clo, a Pauleta, a Natalia Sánchez, a Sheila, a Belén ou 
a  Patri  –  certo  que  algunhas  non  poderán  vir,  Carla 
González  e  Ana  Buceta  están  lesionadas  e  a  Maria 
Vidal probablemente non a chamen pois, malia deixar 
coa boca aberta a todas as compañeiras no seu único 
treino  coa  sub’18,  Balbuena  non  volveu  chamala  – 
defender  xuntas  un  mesmo  emblema:  o  de  todas/os 
nós. 

A FGF cumpriu a súa palabra. Cando no pasado verán 
a masculina xogou contra Venezuela, Louzán dixo que 
habería partido da feminina e ímolo ter. Será a terceira 
vez  que  xoguemos  contra  a  cuatribarrat  e  o  lugar 
escollido  tamén  é  acertado:  o  campo  da  Lomba,  que 
ademais é o único da nosa terra que chegou a albergar 
un partido internacional oficial de seleccións femininas 
absolutas.  Seguro  que  será  unha  nova  festa  para  o 
fútbol galego, sen matiz de xénero, na que todos imos 
pasalo ben. 

Pera  vaiamos  ao  “érase  unha  vez”,  ao  comezo  da 
historia.  Deberiamos  ir  uns  anos  atrás.  Sen  dúbida, o 
dúo Louzán-Falque sabía que cando destituíron a Pili 
Neira, hai un par de anos, tiña que escoller unha nova 
inquilina para o cargo se querían recuperar á absoluta. 
A dificultade estaba en atopar a adecuada e establecer  
un criterio para iso. O problema está en que mentres o 
fútbol galego é capaz de exportar xogadoras, non fai o 
mesmo cos técnicos e apenas ten técnicas. 

Ser o seleccionador que represente a un país (non imos 
entrar no concepto de país porque para este texto é un 
tema irrelevante) ten unha responsabilidade, igual que 
o seu nomeamento. Todo o mundo entende que, como 
mínimo,  quen  ocupe  ese  cargo,  deberá  ter  un 
percorrido  e  uns  resultados.  Debe  ser  dos  mellores  e 
estar avalado por un pasado. 

Neste caso non foi así. Debeu ser que como Louzán, 
Falque  e/ou  Manu  Fernández  (Ruiz  nisto  non  pinta 
nada  porque  simplemente  non  sabe),  non  atoparon 
algún  técnico  galego  afamado  (certo  que  non  o  hai), 
tomaron  a  do  medio  e  decidiron  nomear  como 
responsables  da  absoluta  a  Quin  Balbuena  e  Susú 
Cores. Para que romperse os miolos? Quin Balbuena e 
Susú  Cores  promovidos  á  absoluta  por  desleixo?  
nomeamento  demostra  que  os  responsables  da  FGF 
parecen  máis  amigos  da  vaidade  da  foto  (ao  non 
habela,  tanto  ten  quen  sexa  o  seleccionador),  que  de 
recoñecer,  valorar  e  premiar  co  cargo  o  traballo 
silencioso  de  técnicos  galegos  humildes,  brillantes, 
pero descoñecidos do gran público. 

Ás veces que coincidín con Quin Balbuena e con Susú 
Cores  atendéronme  coa  máxima  corrección  e  con 
amabilidade. Non teño dúbidas, en ningún dos casos, 
que sexan unhas boas persoas, xente de ben por riba de 
todo. No caso do primeiro, ademais, polos avatares da 
vida, un ser humano digno de todo o cariño do mundo. 
Pero quen son Balbuena e Cores no mundo do fútbol? 

Son os mellores? Non. 
Existen técnicos con mellores curricula, incluso no seo 
da FGF? Rotundamente, si. 

....A  xente  pregúntase,  e  trátase  dunha  pregunta  textual 
que  nos  chegou  en  varios dos  whatsapps:  “Por  que  a 
Quin Balbuena lle dan todos os caramelos?”
Ninguén  o  entende  logo  dunha  traxectoria  deportiva 
tan deficiente no fútbol feminino.


- Por: José M - Artículo: La Revista del Fútbol Femenino Galego (Diciembre) aborda el polémico nombramiento de los seleccionadores para el Galicia-Catalunya
Recomiendalo :

0 comentarios for "La Revista del Fútbol Femenino Galego (Diciembre) aborda el polémico nombramiento de los seleccionadores para el Galicia-Catalunya"

Comentarios

Los comentarios son libres y responsabilidad exclusiva de quien los realiza. No existe censura ni moderacion previa, no obstante si alguien se considera ofendido a nivel personal por alguno emitido de forma anónima, puede exponer su queja al correo jmporense@gmail.com y se estudiará si procede la retirada del mismo. Gracias.

Nuevas Publicaciones

Con la tecnología de Blogger.

Nuevos Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...