Pin It

Widgets

|

III Gala do Fútbol Feminino Galego (Ames brilló con las estrellas mas cercanas)




A III Gala do Fútbol Feminino Galego proclamou a Marcos Canle (Bértola), Sarita Tui (El Olivo) e Sara Pazos (At. Arousana) como os últimos grandes gañadores da temporada 2014/15
A Gala rebasou todas as expectativas de asistencia. Máis de 170 persoas encheron a Auditorio Municipal do Milladoiro para homenaxear o traballo das xogadoras na pasada temporada.
Ames, co seu alcalde respaldado por parte da súa corporación, demostrou o por que queren posicionarse como un dos lugares de referencia do deporte feminino na nosa Comunidade
A Gala comezou co protagonismo de Ángela, a guardarredes do Arcadia, quen saíu para recoller o trofeo que rexistraba unha marca espectacular: 1 só gol recibido nos 17 partidos xogdos na pasada Liga no seu grupo de Segunda Galega.
O Victoria, un dos clubs con maior e coidada estrutura de base, estivo representado por unha das súas dianteiras con máis futuro. Tati Barcia. Os seus 44 tantos para o filial conducírona ao premio destinado á mellor goleadora da Segunda Galega.
O Tordoia foi o gran vencedor sumando recoñecementos na Primeira Autonómica. Unha campaña fantástica tivo como resultados que a súa guardarredes, Lucía, e a súa dianteira, Rebeca, sumaran os mesmos honores que na campaña anterior cando o equipo ascendera da Segunda Galega, menos goleada e máxima artilleira, respectivamente.
Sen embargo, o premio especial, o que designa á mellor futbolista da categoría, levouno a arousanista Sara Pazos, outra das habituais nas selccións galegas.
O turno da Segunda española tivo unha case constante presenza de fútbolistas de El Olivo. Salvo Anita González, a guardarredes do Sárdoma, a liña defensiva estivo formada polas futbolistas da camisola verde. Drus e Loreto nos laterais e Andrea Mirón e Vicky polo centro, foron escollidas como as mellores zagueiras, o mesmo que Pauleta e Sarita na zona interior do centro do campo. Para as bandas, o futbol galego falou que era o turno do Friol. Dúas luguesas, Fany Varela, que cada ano ten o seu premio, e a estreante Lucía Pardo, xuntáronse no escenario para, xunto as anteriores, esperar a Natalia Sánchez (El Olivo) e a Eva (Friol) para completaren o mellor once da temporada entre os cadros galegos.
Despois sería a guardarredes das olivas, Sheila, quen recibiu a ovación por ser a menos goleada do seu grupo na División de Prata do fútbol español.
A dianteira berciana, Eva Pérez, xa no escenario, fixo "dobrete" de trofeos porque o argumento de ser a dianteira centro ideal viña avalado por ser tamén a mellor goleadora do grupo con 23 dianas.
Aí creceu a expectación porque chegaba outro dos momentos importantes da noite, cando Catuxa García, concelleira de Medioambiente, abriu o sobre no que se desvelaba o nome da mellor futbolista galega da categoría. De novo El Olivo, como acontecera na pasada edición con Anair, era o equipo da premiada. Sarita Tui, ausente por atoparse en Tenerife preparando o reinicio da Liga de Primeira División co Granadilla, foi a galardoada dun premio que recolleu o seu anterior técnico, David Ferreiro, no seu nome.
Nos premios globais volveu estar presente El Olivo. Camilo Pais, o seu presidente, ergueu por segundo ano consecutivo o polígono acristalado que levaba inscrito o nome do seu equipo.
E tamén por segunda vez consecutiva, como na pasada edición en Tomiño, o Conxo gañou o trofeo como equipo máis deportivo galego. Inma Castañón, representada por Pili Neira, foi homenaxeada coa lembranza aos seus logros co Karbo e a selección galga absoluta nos anos setenta e oitenta. Unha impresionante traxectoria histórica.
Só faltaba por desvelar a derradeira das tres incógnitas da noite. O concelleiro Javier López encamiñouse ao atril para abrir o terceiro segredo no que se atopaba o nome de Marcos Canle. O ex do Bértola continuaba o ronsel deixado por David Iglesias na campaña anterior, proclamándose mellor técnico galego 2014/15 do fútbol feminino.
Os dous últimos trofeos da noite tiñan un claro arrecendo mundialista. Yolanda Parga, representada polo asistente galego en activo con máis anos na Primira División, Alfonso Costoya Rodríguez, foi designada mellor colexiada da temporada e, finalmente, o trofeo de mellor xogadora galega foi para unha das mellores do mundo, Vero Boquete. A santiaguesa recibiu o premio das mans do alcalde, José Miñones, e nunha alocución seguida con suma atención polos asistentes, puxo o ollar no futuro, nun futuro de esperanza e de progreso para o fútbol feminino galego, en particular, e español en xeral.
Durante o acto, Gracia Pérez, da Revista do Fútbol Feminino Galego, entregou obsequios ao F.C. Meigas pola súa colaboración na realización do evento, e ao Concello de Ames, na persoa do alcalde, polo patrocinio da Gala.
Ademais dos citados, o alcalde José Miñones, a concelleira de Medioambiente, Catuxa García, e o concelleiro de Ciudadanos, Javier López, outros membros da corporación, nomeadamente, Luísa Feijoo, concelleira de Servizos Sociais, Blas García, de Urbanismo e Obras, Pilar Candocia e Roberto Amarelle, concelleiros de Ames Novo, e Roberto Amarelle, de Pacto x Ames, repartíronse intermitente as funcións no reparto de trofeos. O delegado saínte da FGF en Santiago, Enrique Fernández Otero, Quico, foi quen entregou o da deportividade ás súas veciñas do Conxo.
A Gala tamén contou coa presenza de Javier García, vicepresidente da FGF, e de Javier Rico, xerente da Fundación Deporte Galego.

Relación de premiadas:

Mellor Xogadora Galega 2014/15
Verónica Boquete Giadáns “VERO” (1.FFC Frankfurt)

Mellor Colexiada Galega 2014/15
Yolanda PARGA RODRÍGUEZ (Comité de Árbitros de Fútbol de Madrid)

Mellor Técnico Galego 2014/15:
MARCOS CANLE Iglesias (C.F. Bértola Fem.)

Mellor Equipo Galego 2014/15
FED. PEÑAS REC. EL OLIVO

Equipo Galego Máis Deportivo 2014/15
C.D. CONXO (2 cartóns amarelos)

Premio a unha traxectoria 2014/15
María Inmaculada Matilde Castañón González “INMA” (Candás C.F. 1969/70; Sirenas de Luanco 1970/71; Camisas IKE 1972/75; Karbo D. 1976/88; C.F. Fem. Tradehi 1988/89.

Mellor Xogadora Galega de 2ª División 2014/15
Sara González Rodríguez “SARITA” (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Goleadora de 2ª División (Gr. I) 2014/15
EVA Pérez González (C. Peluquería Mixta Friol) 23 goles

Guardarredes Menos Goleada de 2ª División (Gr. I) 2014/15
SHEILA Fernández Suárez (Fed. Peñas Rec. El Olivo) 20 g./ 25 p. (0,8)

Mellor Guardarredes de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Ana “ANITA” GONZÁLEZ Rivera (Sárdoma C.F.)

Mellor Lateral Dereita de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Andrea Mariño Estévez “DRUS” (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Central Dereita de 2ª División (Gr. I) 2014/15
ANDREA MIRÓN Castro (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Central Esquerda de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Victoria Vázquez Kloock “VICKY” (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Lateral Esquerda de 2ª División (Gr. I) 2014/15
LORETO Silva Lorenzo (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Interior Dereita de 2ª División (Gr. I) 2014/15
LUCÍA PARDO Méndez (C. Peluquería Mixta Friol)

Mellor Mediocentro Dereita de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Paula Domínguez Encinas “PAULETA” (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Mediocentro Esquerda de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Sara González Rodríguez “SARITA” (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Interior Esquerda de 2ª División (Gr. I) 2014/15
Estefanía “FANY” VARELA Pena (C. Peluquería Mixta Friol)

Mellor Mediapunta de 2ª División (Gr. I) 2014/15
NATALIA SÁNCHEZ Rodríguez (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

Mellor Dianteira de 2ª División (Gr. I) 2014/15
EVA Pérez González (C. Peluquería Mixta Friol)

Mellor Xogadora da 1ª División Galega 2014/15
SARA Pazos Silva (At. Arousana)

Mellor Goleadora da 1ª División Galega 2014/15
REBECA Puente Rodríguez (Tordoia S.D.) 45 goles

Guardarredes Menos Goleada da 1ª División Galega 2014/15
LUCÍA Otero Pena (Tordoia S.D.) 25 g./ 26 p. (0,96)

Mellor Goleadora da 2ª División Galega 2014/15
Tatiana Barcia Blanco “TATI” (Victoria C.F. B) 44 goles

Guardarredes Menos Goleada da 2ª División Galega 2014/15
ÁNGELA Couñago Barciela (Arcadia Esc. F.) 1 g./ 17 p. (0,06)
Foto fin de Gala. (c) Beatriz Pazos.

- Por: José M - Artículo: III Gala do Fútbol Feminino Galego (Ames brilló con las estrellas mas cercanas)
Recomiendalo :

0 comentarios for " III Gala do Fútbol Feminino Galego (Ames brilló con las estrellas mas cercanas)"

Comentarios

Los comentarios son libres y responsabilidad exclusiva de quien los realiza. No existe censura ni moderacion previa, no obstante si alguien se considera ofendido a nivel personal por alguno emitido de forma anónima, puede exponer su queja al correo jmporense@gmail.com y se estudiará si procede la retirada del mismo. Gracias.

Nuevas Publicaciones

Con la tecnología de Blogger.

Nuevos Comentarios

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...