16 enero 2012

AT. AROUSANA B-0 BARBADÁS-1: PREFERENTE FEMENINO

AT. AROUSANA "B": Rocio, Jessica, Lara, Carla, Graciela, Paula, Celia (m.76 Isabel), Ester, Bárbara, Ana e Albita.
U.D. BARBADÁS: House, María (m.85 Miriam), Pacy, Abi, Noélia, Cris, Helena, Mónica, Vero, Alba (m. 67 Emma) e Andrea.
ÁRBITRO: Pablo Veiga
CAMPO: Municipal de Berdón
De novo unha vitoria pola mínima a conseguida pola U.D. Barbadás ante un moi bo filial do At.  Arousana que conta con xogadoras moi noviñas pero con moita calidade. O guión deste partido seguiu o da maioría dos partidos desta tempada onde o Barbadás comezou dominando e chegando constantemente á portaría defendida por Rocio  sen que as xogadoras locais lograsen inquietar a House. Froito deste dominio, nos primeiros 20 minutos do partido, as visitantes chegaron a sacar 8 "corners" e varias ocasións claras de gol. A primeira clara ocasión chegou aos 5 minutos cando Mónica  recibe ás costas da defensa e o seu remate sae lixeiramente desviado. Pouco despois é Paci a que totalmente soa a un metro da portaría remata de cabeza alto. Helena  tamén tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza que non encontrou portaría. Co paso dos minutos e a falta de acerto cara o gol do Barbadás, o At. Arousana foise  sacudindo do dominio visitante e House tivo que sacar unha boa man a tiro de Bárbara. O único gol do partido foi no minuto 39 nunha falta a 6 metros fóra da área que Cris  toca para Helena e esta de tiro colocado fai inútil a estirada de Rocio. Puido empatar o Arousana  a pouco de finalizar a primeira parte nunha contra no que Albita, unha xogadora de só 14 anos pero cunha técnica e velocidade impresionante, plántase soa ante House e o seu tiro sae lixeiramente rozando o poste.
Como lle acontece ao 
Barbadás  nos partidos que non consegue deixar sentenciados no primeiro tempo, o At. Arousana dominou na segunda parte e aínda que non conseguían claras ocasións de gol, se que encerraron o  Barbadás no seu campo. As azuis xogaban con moita precipitación e non eran capaces de dar ben ese último pase que era necesario para superar a defensa adiantada das locais. A ocasión máis clara das locais produciuse no minuto 76 nun tiro afastado en "parabóla" que fixo que House  non lograse chegar e o balón pegou no longueiro. A falta de 2 minutos para o final, a visitante Emma  tivo unha inmellorable ocasión para sentenciar o partido nunha contra na que se foi sola dende medio campo ata Rocio  e cando o máis doado era tirar colocado, golpeou con forza o balón e pegou no longueiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada