![]() |
| CHOCO DE REDONDELA |
O Barbadás acadou a segunda vitoria consecutiva da liga pero con moito sufrimento ante un bo Choco que puxo en moi tas dificultades ás visitantes sobre todo na segunda metade. O partido comenzou sin un claro dominador, ainda que o Barbadás tiña mais chegada á portería contraria que as locais e tivo unha inmellorable ocasión de gol no minuto 25 cando nun "corner" tirado por Emma o balón vai cara Paci que totalmente sola, solo tiña que poñer a cabeza para marcar pero decide rematar co pé e o balón non colle portería. No minuto 43 o Barbadás consigue o 0-1 nunha xogada no que Yanina colle un balón dentro da area totalmente sola e aguanta a saída desesperada da porteira mandándolle o balón raso ao lado esquerdo sin que esta poida facer nada por atallalo. O Choco na primeira metade non puido inquietar nin unha sola vez a House polo que parecía que na segunda parte sería sinxelo aumentar o resultado, pero nada mais lonxe da realidade, o Choco saíu con moita forza e triangulando ben en medio campo e o Barbadás era incapaz de dar dous pases seguidos e de presionar as xogadoras locais que ainda que non tiveron moitas ocasións si que tiveron o dominio do balón.
A ocasión mais clara do Choco foi no minuto 68 nun remate moi claro dunha dianteira que entre House e a defensa conseguen botar o balón a "corner". Aínda sin xogar ben o Barbadás tivo dúas ocasións moi claras de gol, unha despois de que Yanina se internara no area e despois de regatear a unha defensa pasa o balón a Emma totalmente sola no centro da portería que en vez de rematar de primeiras, fai un control e bótaselle encima unha defensa mandando o balón a "corner". Cando xa estaba a piques de rematar o partido nunha contra moi ven levada Vero dalle un pase perfecto a Andrea que se enfrenta a porteira local pero o seu tiro pega nesta e vai a "corner". En definitiva, o Barbadas tivo mais ocasións que o Choco, pero durante moitos momentos da segunda parte o empate tamén se puido producir. Estes partidos deben se servir para saber que vai haber que pelexar moito para vencer nesta nova categoría e que aínda que somos un equipo que acaba de baixar e moitos nos dan por favoritos, a realidade é outra, de favoritos solo temos o nome. FOFI.
BARBADÁS: House, María, Paci, Abi, Andrea, Su, Emma (m. 74 Laura), Alba, Yanina (m. 76 Noe), Masana (m. 54 Jani) e Vero.

...... o que fixo esta cronica e o entrenador do barbadas femenino?,se eh asi carallo vaia maneira de motivar o equipo mais rara que ten este entrenador.lendo estas cronicas os equipos que se vaian enfrentar co barbadas poden ir ven contentos xa teñen o traballo feito de baixar a moral barbadas por parte do entrenador, vaia imaxe que da este home como entrenador.......
ResponderSuprimirla verdad que por muy mal que lo haga tu equipo, hablalo en el entrenamiento, corrige los fallos durante la semana y callate y no dejes mal a tu equipo.....di que fue un mal partido y que poco a poco se mejoraran cosas la verdad es que .....
ResponderSuprimirPues yo no veo por que tiene que bajar la moral del equipo. ¿En que frase deja mal a su equipo? ¿Donde dice que lo hicieron mal? A mi más bien me parece un ¡toque de atención! para que no se crean favoritas
ResponderSuprimiros toques de atención fanse no vestuario non nunha paxina.se o entrenador non ten fe no equipo como van ter fe elas.
ResponderSuprimirpues sigo sin comprender como sabes tú que el entrenador no tiene fe en el equipo¡ dime en que párrafo de la crónica da a entender eso
ResponderSuprimirSigues sin entender? Pues muy fácil, en toda tu crónica no hay ni una sola palabra buena de las chicas, lo que resulta imposible que en 90 min. no se hubiese sacado nada bueno del partido. Puede que las cosas no estén saliendo bien pero los toques de atención están bien siempre que por detrás venga tambien un poco de motivación.
ResponderSuprimirVaia debate mais parvo jaja¡ a pena é que non puxésedes o voso nome (porque seguro que tanto o que me critica coma o que me defende me coñecedes e vos coñezo). O raro é que a mesma cousa vista por dúas persoas sexa tan distinta, e aínda é mais raro que un deles se gaste tanto tempo en criticarme (primeiro escribe en galego, logo en castelán). Non vou entrar en se ten razón ou non porque o escrito o pode ler todo o mundo e sacar as súas conclusións, e dende logo a miña intención solo foi describir o que aconteceu nun partido, nada máis. En ningún momento falei de mal partido, nin de toque de atención, nin trato de desmotivar, nin de que non teño fe no equipo. Se unha persoa apreciou isto na crónica é que igual o seu punto de vista está relacionado con algo persoal e entón a súa opinión non é obxectiva e ten moi pouco valor. Así e todo grazas aos dous anónimos por preocuparse polo fútbol feminino
ResponderSuprimir