20 mayo 2011

... Y LA MEJOR FUTBOLISTA GALLEGA 2010/2011 ES: PATRICIA CASAS (HOUSE)

O máis representativo do fútbol galego feminino da Primeira feminina proclamou a Patricia Casas Sampaio, House, como a xogadora máis salientable do panorama futbolístico galego 2010/11. Primaron as condicións e a cualidade da guardarredes sobre os seus números da campaña. O certo é que House asombrou no ano da súa estrea na segunda categoría do fútbol español. Foi escollida como a mellor guardarredes da primeira volta, na votación realizada no mes de decembro entre os técnicos, e colocada de novo no once ideal das galegas ao final da campaña por quen antes a votou, acompañados agora polas capitanas dos seis conxuntos galaicos.
A entrada de House nese once ideal outorgoulle a candidatura á elección pola mellor xogadora galega 2010/11 tendo que defrontar co resto de xogadoras que lideraran as votacións en cada posición. O resultado final das once candidatas, segundo o criterio dos seis técnicos dos equipos galegos e as súas primeiras capitanas, é como segue:

Patricia Casas (House) el día de su debut bajo los palos ante el San Mateo.
Una gran jugadora de campo tuvo que actuar de portera por exigencias del
guión, detuvo un penalty y realizó un gran partido. Desde entonces es co
nocida con el sobrenombre de "A Gata da Cañiza.  Enhorabuena.


1. House (Barbadás)....................... 58 pontos.
2. Ana Buceta (El Olivo).................. 42      ".
3. Anair (El Olivo)............................. 35      ".
4. Andrea Carid (Pontevedra)........ 35      ".
5. Mo (Friol)...................................... 24      ".
6. Cuchi (El Olivo)............................ 13      ".
7. Alba (El Olivo).............................. 13      ".
8. Carla (Erizana)............................. 11      ".
9. Míriam Domínguez (El Olivo)...... 10      ".
10. Tomy (Erizana)...........................  8      ".
11. Cris (El Olivo).............................  3      

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada