O Clube Lemos xa ten en marcha a súa escola de fútbol. A escola comezou a funcionar o pasado día 2 de febreiro e continúa coa matrícula aberta; unha matrícula que é de 25 euros e mensualidades de 10 euros.
En canto aos rapaces, polo momento dende o clube estamos a traballar con pequenos de entre 6 e 12 anos, mentras que as sesións impártense os martes, mércores e xoves en horario de seis menos cuarto a sete da tarde no campo de fútbol Luis Bodegas. O coordinador é José Manuel Martínez, en colaboración co segundo adestrador do primeiro equipo, Juan, e algún xogador, como o xuvenil Adrián

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada