17 abril 2011

BARBADÁS B CADETE-1 ANTELA 2 (CRÓNICA Y FOTOS)

Os visitantes adiantáronse nos primeiros minutos de xogo. Na segunda parte, o Cadete B empatou por medio de Fernando. No minuto 81 os de Xinzo conseguiron o gol da victoria. 
Comezou o partido mal para o Barbadás. O equipo saíu algo dormido e os de Xinzo conseguiron marcar á saída dun corner. Era o minuto 9 de partido. Sen embargo, os locais conseguiron mellorar o seu xogo conforme pasaban os minutos. Froito desta mellora, comezaron a chegar as oportunidades. A máis clara a tivo Fran despois dunha chegada pola banda dereita. Chegouse ó descanso co 0-1 no marcador. 
Na segunda parte, as cousas non cambiaron moito. O Barbadás comezou a chegar moito máis á  área dos visitantes. Mentres, o Antela creaba tamén moito perigo en contragolpes ou en balóns longos ó punta. Cara o minuto 50, Fernando conseguiu marcar cun disparo dende fora da área. A partir dese momento, os locais trataron de aguantar o resultado botándose un pouco atrás e tratando de crear perigo nalgunha contra. Mais no desconto chegou o gol da victoria para o Antela. Unha internada pola sua banda esquerda, un pase atrás, un rexeite, e gol. Aínda que o Cadete B tivo unha última oportunidade nunha falta lateral botada por Castro, chegouse ó final co resultado de 1-2. FER. 


VER UNA AMPLIA GALERÍA DE FOTOS PINCHANDO AQUÍ. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada