13 marzo 2011

BARBADÁS B CADETE 4- CALASANCIO B - 4

O BARBADÁS B SALVA UN PUNTO CONTRA O CALASANCIO 
Emocionante partido o vivido no campo dos Carrís no que o Cadete B conseguiu empatar a catro contra o Calansancio deixando unha boa imaxe na derradeira xornada da liga. 
Comezou o partido ca defensa local algo dormida. Non pasaran máis de dous minutos cando os de Monforte adiantáronse no marcador grazas a un bo disparo dende a frontal da área. Sen embargo, o Barbadás non se veu abaixo e, nunca boa xogada, Yago Sieiro foi obxecto de penalti. El mesmo o tranformou para por o empate no marcador. A partir de ahí o Cadete B comezou a dominar no partido. Poren, foi o Calasancio que se volveu adiantar no marcador nunca indecisión da zaga e mais do porteiro local. Aínda que non domiñaba no marcador, os locais acumulaban mais e millores chegadas á portería rival. Nunca falta moi ben botada por Días e tras un bo remate de Yago o Barbadás lograba igualar o partido de novo. Mais anque parecía que o partido xa estaba máis ou menos controlado os visitantes lograron adiantarse por terceira vez nun erro colectivo do Barbadás á saída dun corner. Tras un centro pola banda dereita de Fernando, Ruben conseguiu o 3-3 de cabeza antes de chegar ó descanso.
Tras o descanso, o partido enfriouse un pouco. O empate no marcador mantívose durante bastantes minutos. No ecuador da segunda parte, o Calasancio roubou un balón preto da frontal da área local. O xogador monfortino adentrouse na área e Castro cometeu un penalti máis ou menos claro. O Calasancia conseguía o 4-3. Con iste resultado, os de Monforte intentaron  aguantar e o xogo volveuse un pouco máis trabado. Sen embargo, coa expulsón dun xogador do Calasancio a poucos minutos do final o Cadete B veuse arriba. Case co tempo xa cumprido, Yago puso un bo centro dende a esquerda. O porteiro do Calasancio non logrou chapar o balón e Fernando (que fixo un moi bo partido) aproveitando o rebote consguiu marcar para por o definitivo e merecido 4-4.
Ó final, un empate que sabe a victoria por como se conseguiu e moi boas sensacións para comezar a Copa Deputación a semana que ven. Fernando.


IMPORTANTE: La crónica la hace Fernando, un jugador del equipo (gracias), pero eso de "que fixo un moi bo partido" se lo añadíó el administrador del Blog de una manera totalmente insensata. Solo hay que conocer un poco al jugador para saber que la humildad es una de sus muchas virtudes.  Todos hicieron un buen partido y pido disculpas a Fernando por "manipular" su texto. Espero que no me denuncies...


VER AMPLIO RESUMEN GRÁFICO

4 comentarios:

  1. si si si tranquilo bueno me callo pq ese blog da VERGUENZA as veces

    ResponderSuprimir
  2. Creo que la única VERGUENZA que deben producir son los ANÓNIMOS que se esconden para insultar a los rivales... por ejemplo. Si os produce tanta verguenza le pido a Fernando que deje de escribir que yo haré lo mismo. Pasarse casi una hora retocando fotos para nada y al final acabar siempre igual. Otro equipo que "desaparece" del blog, lo siento por los chavales pero siempre hay alguien que lo arregla. Esto no impide que siga teniendo un cariño y afecto especial a este grupo y a buena parte de sus familiares, creo que pasamos buenos momentos pero uno ya se va cansando de muchas cosas. Suerte.

    ResponderSuprimir
  3. Como me gustaría que este tipo de xente dera a cara

    ResponderSuprimir