21 febrero 2011

ARENTEIRO 2- BARBADÁS B-3 (CADETES 1ª)

BARBADÁS: Cristian (m. 41 Andrés), Pablo Estévez, Javi, Xabi, Castro, Adrián (m.66 Martín), Fernando, Marc (m.70 Roberto), Rubén Ramos (m. 72 Ángel), Manu (m.60 Chema) e Yago.
Moi bo partido o dos nosos cadetes que levan duas vitorias consecutivas e case cumpriron un dos seus obxectivos desta liga que é manter a categoria. O outro obxectivo marcado este ano, xa o cumpriron hai tempo, que era facer un bo xogo e prepararse para xogar o próximo ano en liga galega cadete. Por fin, con estas dúas vitorias, ven reconpensado o seu bo xogo que en moitos partidos non recibía o premio da vitoria. O partido comezou cun dominio insistente do Barbadás que case non deixaba pasar de medio campo aos locais e xa nos primeiros 10 minutos houbo dúas ocasións claras de gol, pero o que son as cousas, nun erro de toda a defensa o Arenteiro facía un inxusto 1-0. As cousas aínda se puderon pór peor, xa que pouco despois un dianteiro local fallaba un "gol cantado" a porta baleira. No minuto 16 nun bo contraataque do Barbadás o balón chégalle a Fernando en banda dereita e un defensa faille penalti cando ía centrar; este é lanzado por Manu facendo o 1-1. O dominio seguía sendo insistente e Marc nun gran tiro desde o bordo da área e Rubén nun "man a man" co porteiro estiveron a piques de pór ao Barbadás por diante no marcador, pero o 1-2 non chegou até o minuto 30 cando Fernando remata cruzado un corner. Co resultado de 1-2 acaba a primeira metade e antóxasenos  un resultado moi curto para os méritos dos visitantes. A segunda parte comezou cun guión igual que a primeira e primeiro Manu cun balón que sacou un defensa baixo paus e despois Marc cando só ante o porteiro mandou o balón ao pau, puideron aumentar a ventaxa do Barbadás, pero de novo, un erro de Andrés nun balón que parecía ía chegar fácil a despexar o Arenteiro empatou o partido. Parecía que a mala sorte volvía perseguir a estes rapaces, pero desta vez non foi así e Manu puxo o 2-3 definitivo nunha xogada típica deste xogador ao coller as costas á defensa e marcar de tiro cruzado. O partido púxose tolo e houbo ocasións para os dous lados até o final do partido. En definitiva, parabén para este equipo que estaba a sufrir moito e ve recompensado o seu xogo e o seu traballo. CRÓNICA FOFI, FOTOS ANA. 
ACLARACIÓN PERSONAL: En respuesta a algún comentario que puede prestar a confusión al decir que este equipo utiliza a jugadores del cadete A y viendo la alineación, salvo error os informo -por que se comentó aquí- los "no habituales" que participaron en este encuentro: Castro y Manu (infantiles), el guardameta que jugó en la segunda mitad Andres, y Marc (Cadetes de primer año ambos). Y no darle mas vueltas a la tortilla. 


MAS FOTOS AQUÍ. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada