Un único punto acadou esta tarde o Barbadás en Carballiño fronte dun Arenteiro pelexón, que sabe a pouco cara a situación do noso clube na táboa clasificatoria.
Podemos aclarar que o xogo do Barbadás estivo condicionado pola mala actuación do colexiado, que estivo moi desacertado sobre todo cara o Barbadás que terminou o partido cun xogador menos e con tres xogadores lesionados.
A pesares de todo o Barbadás intentou estar ao marxe das circunstancias contrarias do partido e intentou buscar en repetidas ocasións a victoria, pero topandose en frente cunha defensa acertada dos locais que loitaron por acadar tres puntos que os axuden a escapar do fondo da táboa, e ca arbitraxe que trabou a meirande parte dos ataques visitantes destacando o enorme fallo arbitral xa na recta final do partido cando Outomuro se dirixia contra a portería local e foi agarrado por dertás por un defensa local; tendo coma resultado falta do atacante que era agarrado polo defensor.
En fronte tivemos a un Arenteiro que buscou a victoria dando unha aceptable imaxe de equipo aguerrido e traballador , que loitou polos puntos baixo as atentas indicacións de Romero, pero que non acadou rebasar, salvo en ailladas ocasións a cobertura visitante.
So nos quda seguir apoiando aos xogadores do Barbadás na súa loita por acadar novas metas para o clube e desexar ao equipo carballinés unha boa segunda volta na que poidan acadar a permanencia na cateegoría pois amosou ter plantel para poder acadalo.
Ao final reparto d epuntos que non serven para a as piracións de ámbolos clube
1 - 0 Lemie, ao facerse cun rechace na área.
1 - 1 César de cabeza a pase de Martín.
O vindeiro domingo o Barbadás recibe ao Lalín , lider do grupo a tres puntos do noso clube. CRÓNICA DE QUICO RODRIGUEZ. VIDEOS ENVIADOS POR ROBERTO.
VER GOL DEL ARENTEIRO Y JUGADA POLÉMICA CON OUTOMURO DE PROTAGONISTA.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada