10 enero 2011

PEROXA 0- BARBADÁS-2 (PREFERENTE SUR)


Importante victoria do Barbadáas esta tarde no campo sintético do Marco fronte dun Peroxa loitador pero que so foi quen de aguantar as embestidas do Barbadás durante o primeiro período, no que Martín, Cristián e Outomuro tiveron as tres mellores ocasións para o Barbadás. Tamén o Peroxa gozaría de dúas ocasións que puxeron en perigo a portería do Barbadás.
 A segunda metade sería diferente no senso de que o control do esférico corresponderíalle ao Barbadás que se adiantaría no marcador ao trasformar Outomuro un penalti cometido sobre el mesmo, establcendo o 0 a 1.
Poucos minutos despois sería Cristián quen establecería o 0 a 2 despois de realziar un excelente control e batir con claridade ao meta local. Nembargantes as ocasións máis claras do Barbaadás estarían nos pes de Álvaro que non foi quen de rematar sendos pases de Marcos , atopándose este só fronte do cancerbeiro local.
Ao final tres puntos que permiten ao Barbadás acadar o 1º posto da táboa. O mércores disputarase o partido aprazado fronte o Choco as 9:30 hras en Redondela. Crónica de Quico, Fotos de Jorge. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada