30 enero 2011

PELUQUERÍA MIXTA FRIOL- 1 BARBADÁS FEMENINO-1

C.P.M. FRIOL: Sara, Coira (m.78 Bibi), Vicki (m. 63 Mo), Estefanía, Covi, Nerea, Vir (m. 46 Noelia), Alba Meilán, Tatiana, Nuria (m. 46 Lorena) e Sheila.
U.D. BARBADÁS: House, María, Olaia, Abi, Andrea, Noelia, Helena, Mónica, Emma, Alba e Melissa (m. 83 Marta)
CAMPO: Municipal A Cheda.
ÁRBITRO: José Manuel Alvariño Cruña
ASISTENTES: Yago Vázquez e Tania  Fente.

EXPULSIÓNS: No minuto 76 a Noelia do Friol por insultos ao árbitro.

Goles: 0-1 Minuto 50. Extraordinaria xogada de contraataque do Barbadás e Emma da un bo pase interior a Helena que se planta sola ante Sara e o seu tiro é rexeitado por esta, pero o balón volve aos seus pés e logra marcar.
1-1. Minuto 56. Erro de Mónica que perde o balón ao borde do área a pes de  Nerea que marca ante a desesperada saída de House.


Cada día o Barbadás da un paso adiante na súa progresión nesta difícil Primeira Nacional e hoxe foi quen a pesares de ter as baixas de Jani, Sofía e Pacy de sacar un punto ante un conxunto que dispón dun presuposto de 90.000 euros que para si quixeran incluso moitos equipos de Preferente. Comenzou o partido con moita igualdade, ainda que as locais levaban un pouco máis a iniciativa, pero o Barbadás defendíase con moita orde e saía en rápidas contras que puideron darlle un par de disgustos ás locais, como ocurreu aos 25 minutos cando nun pase interior de Emma a Melissa, esta se planta ante Sara e o seu tiro sae fora por pouco. Dous minutos despois as locais pediron penalty de House a Vir e no minuto 40 tivo tamén unha boa ocasión Nerea que tirou fora ante a saída de House. Na segunda parte o Barbadás adiantouse no marcador pero cando mellor estaba xogando, nun erro de Mónica empatou o Friol. Según foi pasando o tempo as luguesas intentaban adiantar liñas, pero deixaban ocos a
 espalda da súa defensa e Emma nunha ocasión e Helena noutra, a piques estiveron de facer o segundo gol para as ourensáns. Nos minutos finais o Friol foise ao ataque a desesperada e o Barbadás conformouse co empate. Moi boa segunda volta a que están a facer as xogadoras do Barbadás. FOFI


Imagen del Friol en Barbadás. RECUERDA EL PARTIDO DE IDA 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada