31 enero 2011

BARBADÁS CADETE B- VERIN (CRÓNICA Y MENSAJE)

EL PARTIDO
BARBADÁS: Fran (m. 41 Cristian), Pablo Estévez (m. 60 Iván), Javi, Castro, Chouri (m. 70 Diego), Adrián, Fernando, Fran, Rubén Ramos (m. 65 Ucha), Chema (m. 55 Martín) e Yago. 
Partido moito máis igualado do que di o resultado final e onde os nosos cadetes tiveron o control e dominio do xogo, pero o seu bo xogo non se viu reflectido no marcador final. Comezou o partido cun claro dominio dos locais, onde o balón era xogado sempre con moito criterio e as chegadas eran constantes ante o bo porteiro do Verín. No minuto 15 prodúcese unha falta lateral á altura do medio campo e o lanzamento á área dun xogador visitante fai que o balón bote no punto de penalti e o balón entra por encima de Fran que non pode facer nada por detelo, xa que por desgraza os nosos porteiros son de escasa altura. Era a primeira vez que o Verín tiraba a porta e xa nos víamos cun gol en contra. Seguiron os locais atacando e xogando moi ben, ata que nun erro arbitral por unha clara "pancha" do dianteiro verinés fai que nos fagan o segundo gol. Finalizou a primeira parte cun 0-2 nos únicos dous tiros a porta dos visitantes. Na segunda parte a tónica do partido foi como na primeira, o Barbadás xogando moi ben e o Verín metendo outros dous goles en erros evitables.
EL MENSAJE 
Solla e eu, como adestradores deste equipo, queremos dicirvos que estamos contentísimos con todos. Estamos moi orgullosos de como adestrades, do comportamento, do xogo e da actitude en todos os partidos. Sei que é moi difícil para vós ver que en moitas ocasións o xogo non se corresponde cos resultados obtidos pero estar seguros de que a vosa progresión é moi boa. Todos no club, desde o presidente, coordinador, adestradores falan ben do voso xogo e iso é co que deberedes quedarvos. Como xa vos teño dito en máis dunha ocasión, estádevos preparando para competir o ano que vén en liga galega e a progresión é boa, moito mellor do que pensades e do que din os resultados. Non baixedes os brazos nunca, tedes a moita xente da vosa parte e para nós, os vosos adestradores, nos facedes moi felices co voso xogo. Para nós sodes uns GAÑADORES: FOFI. 

"Ser derrotado es a menudo una condición temporal, abandonarse es lo que hace que sea permanente."...
...y a propósito de la frase, el que quedó de enviar las fotos que no se abandone demasiado.        

2 comentarios:

  1. como padre de uno de los chavales del cadete B,me alegro y agradezco el comentario hecho por los entrenadores de estos chavales, pues creo que estan necesitados de reconocimiento por su trabajo, el cual casi nunca es correspondido en cuanto a resultado, pero estas palabras estoy seguro que les reconfortan y les dan animo para luchar y salir adelante, que ellos pueden. Creo que y estoy seguro que este agradecimiento se suman el resto de los padres de estos CAMPEONES. Adelante y suerte

    ResponderSuprimir
  2. Vale Fofi, moi bonitas as túas palabras e creo que lle vendran moi ben aos rapaces, failles falta que confien neles, pero creo que lles vendria mellor que asi como falas ben deles darlles a oportunidade en situacións complicadas, dígoo polo partido contra o Sta teresita, deixaches medio equipo fóra da convocatoria, principalmente creo os porteiros non se merecian o que fixeches primeiro non convocaches ao Fran e logo só puxeches 5 minutos a cristian,logo do bo traballo que veu realizando e iso que practicamente estaba o partido asegurado no primeiro tempo, non só polo resultado senón polo xogo dos visitantes que non tiveron nin un só tiro a porta, pero sigo pensando que estas facendo un bo traballo só espero que estes detalles non estraguen o progreso dos rapaces sobre todo moralmente.......

    ResponderSuprimir