13 diciembre 2010

BARBADAS-0 GIJÓN F.FEMENINO-1 (UN ERROR DEL LINEA DIO LA VICTORIA A UN BUEN GIJÓN)



Barbadás: House, María (m. 84 Andrea) Abi, Olaia, Jani, Sofía, Emma, Mónica, Noelia (m 74 Marta), Alba e Melissa
Gijón F.F. Vanesa, Lorena, Itziar (m.87 Anahi), Estefanía, M. Aurora, Úrsula, Raquel(m. 64 Nuria), Zara, Jessica, Julia(m. 79 Montserrat) e Marina
Árbitro: José Daniel Rodicio González.
Asistentes: Adrian González Paulo y Pablo Cid Menor

0-1. Minuto 66. Gol de Ursula

Hoxe, de novo, o Barbadás quedou sen puntuar por un erro do equipo arbitral, xa que na xogada que deu orixe ao único gol do partido, unha xogadora visitante no inicio da mesma estaba en fóra de xogo e fixo ademán de disputar o balón coa nosa defensa, polo que a xogada debeu de quedar invalidada. A primeira parte foi moi igualada e o Barbadás, aínda sen grandes ocasións de gol, sempre estivo mais preto de conseguilo que o Xixón que non inquietou a House nos primeiros 45 minutos. A segunda parte seguía máis ou menos como a primeira, ata que se produciu a desafortunada xogada do gol visitante. A partir de aí as locais tentaron máis co corazón que coa cabeza igualar o partido, pero non foiposible. Debemos de estar contentos pola loita deste equipo e que cada semana compite mellor e aséntase máis nesta dificil competición. Queda toda a segunda volta e a salvación aínda é posible. FOFI. 


VER MAS FOTOS DE ESTE PARTIDO.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada