La Braña: Lucia, Aymara, Sara (Erica m. 80), Cecilia, Saula, Sara Fdez., María, Alba, Noelia, Melania (Marta m. 74) e Tania.
Barbadás: House, María (Raquel m. 45), Olaia, Abi, Jani, Helena, Albiña (Noelia m. 80), Mónica, Emma (Andrea m. 63), Alba e Melissa.
Árbitro: Bonifacio T. Suárez Suárez
Asist. : Enrique Gao Aladro e Cesar Villegas Muñiz
Amonestacións: Polas locais a Sara Fdez. (m. 89) e polo Barbadás a Jani (m. 44) e Mónica (m.45)
Expulsións: Abi (m. 62) e Raquel (m.75).
Nova derrota do Barbadás ante un La Braña dun parecido nivel futbolístico pero con un pouco mais de forza. O partido, como nos pasa casi que sempre, puxose moi de cara para as locais ao marcar o 1-0 no minuto 4 de partido cando a saída de un "corner" a defensa do Barbadás está moi lenta e deixa rematar totalmente sola a Sara. Dous minutos antes o Barbadás dispuxo de unha ocasión inmellorable cando nun mal despexe da porteira local Lucia o balón caélle aos pes de Melissa totalmente sola ao borde da área e cando podía avanzar decide tirar dende aí e o seu disparo sae moi frouxo e deteno sin dificultade a porteria. Durante a primeira parte o xogo estivo totalmente igualado e o Barbadás dispuxo de oportunidades suficientes para acadar o empate pero unhas veces por precipitación como lle ocorreu a Emma cando de novo a pase de Helena se queda sola ante a porteira local pero tira mal e sen forza detendo o balón Lucia e pouco despois Mónica a salida dun "corner" remata totalmente sola a 5 metros da portería pero o seu tiro pega nunha defensa local e sae por enriba da portería. O La braña nesta primeira metade apenas inquietou a House.
Na segunda parte saíu Raquel como porteira e House pasou a xogar no ataque. O Barbadás pasou a xogar un 3-4-3 con unha aposta mais ofensiva pero todo se veu abaixo cando Abi é expulsada no minuto 62 por empurrar a unha contraria nunha ocasión visitante. Nesta mesma xogada Aymara a mellor xogadora local consigue con un moi bo lanzamento da falta facer o 2-0 e liquidar o partido. No minuto 75 Raquel tamén foi expulsada por saír fora da área e darlle ao balón ca man, nunha apreciación moi rigurosa do árbitro que estivo bastante "caserillo". En definitiva o Barbadás non poido puntuar por primeira vez esta tempada contra un equipo que tamén vai a estar na zona baixa da taboa seguramente. Non é que as locais foran superiores pero tiñan a unha xogadora Aymara que se bastaba para defender e incluso chegar ao ataque. Nun partido como este é cando botamos en falta a forza que Cris e Pacy aportaban ao equipo, xa que ainda que en momentos non xogamos mal, si que estamos moi escasos de forza e competitividade. Polo demais foi unha experiencia moi bonita o desprazamento xa que puidemos visitar Gijón, no hotel nos tratarón moi ben, e vimos o partido Gijón-Villarreal. FOFI.
MAS FOTOS PINCHANDO AQUÍ.

La jugadora de la Braña que se cambia por Erika se llama Jara y no Sara
ResponderSuprimir