Malia que a presenza da muller no mundo do futbol, crece e gaña valor diariamente, en España, non se lle permita a muller, exercer a profesión de futbolista.Recentemente, o canal de televisión La2, no seu programa Documentos TV, emitiu unha reportaxe dunha hora de duración titulada Cuestión de pelotas, na que se mostraba esa descoñecida realidade do fútbol feminino no seu día a día. Participaron o dirixente da RFEF Vicente Temprado, presidente da Federación de Fútbol de Madrid e máximo responsable federativo do fútbol feminino en España, e Ignacio Quereda, seleccionador absoluto de España e diseñador da actual Superliga; do mesmo xeito, verteron as súas opinións dirixentes de clubes, principalmente Cáceres e Jaén, xogadoras dos mesmos e, ampliando a crítica á xestión da selección española absoluta, Laura del Río, a mellor futbolista hispana que está xogando como profesional no Boston Breakers dos Estados Unidos. Del Río e Quereda explicaron desde as súas perspectivas por que non foi convocada a futbolista para o decisivo España-Inglaterra calsificatorio para a próxima Copa do Mundo, do que as vermellas ficaron afastadas.
A ligazón para ver o documentario comezou a circular pola rede a toda velocidade.
O que se reivindica non é que a muller teña que ser profisional, simplemente reclámase que, se o mercado o permitir, se houber clubes ou persoas capaces de crear estruturas para que a muller traballe como profisional no deporte do fútbol, e atendendo a principios básicos constitucionais que defenden que ninguén pode ser discriminado, entre outras, por razóns de sexo, non existan condicionamentos legais que impidan á muller exercer a profisión de futbolista.
Desde este sitio solidarizámonos coa nota de MUDEGA, reivindicamos tamén o dereito de todo ser humano a desenvolverse en toda a súa plenitude e sobre dereitos básicos de carácter individual e social que substentan a nosa sociedade e a nosa democracia, e solicitamos que se creen as bases xurídicas e administrativas para que, tamén neste caso particular, as mulleres podan exercer o seu dereito a seren profisionais do fútbol en España.
A continuación publicamos o escrito de MUDEGA: PUBLICADO EN "A TEMPORADA DO FÚTBOL GALEGO", y copiado textualmente ya que desde aquí también solicitamos un trato igual en todos los ámbitos y en este caso deportivos.

Mudegá únese á campaña iniciada por María José López, presidenta da asociación española de clubs de futbol feminino. Creamos unha páxina no facebook, o día 19 de Outubro: Firmas para que a las mujeres futbolistas se les permita ser profesionales, e como podeis ver, en poucos días conseguimos superar os 10000 apoios.
19 de Outubro: 1 firma
20 de Outubro: 1.728 firmas
21 de Outubro: 3.746 firmas
22 de Outubro: 5.128 firmas
23 de Outubro: 6.435 firmas
24 de Outubro: 7.012 firmas
25 de Outubro: 7.850 firmas
26 de Outubro: 8.300 firmas
27 de Outubro: 9.052 firmas
28 de Outubro: 9.846 firmas
29 de Outubro ; Chegamos ao noso obxectivo, superar os 10000 apoios
1 de Novembro 11140 persoas apoian que as mulleres temos dereito a ser profesionais no mundo do futbol.
As futbolistas, tamén queren ser profesionais, que se lles déa de alta na Seguridade Social, que non teñan que compaxinar o deporte a nivel profesional con outros traballo porque non lles dea para vivir. Queren e teñen dereito.
A muller, en España, pode ser avogada, mestra, arquitecta, mineira, doutora... pero non pode vivir de darlle patadas a un balón.
Os clubs femininos poden asumir a profesionalidade en solitario, pero non teñen dereito a ser membros da Asamblea, a acollerse ao convenio colectivo, a dotarse dunha Liga de Fútbol Profesional, a beneficiarse das quinielas e contratos publicitarios. É dicir, non teñen nin voz nin voto.
O non permitirlle ás mulleres ser profesionais do futbol, está empuxando aos equipos femininos a cometer ilegalidades, ao non poder asinar un contrato en condicións, a xogadora vese exposta, en caso dunha lesión grave, a quedar desprotexida, veríase na rúa, e sen ningún dereito.
O motivo de abrir esta páxina, é para axudar a liquidar estas e outras discriminacións que sofre a muller futbolista, agora que a lei do deporte, está en pleno debate no congreso dos deputados.
Fai uns días, os Príncipes mostraron a súa preocupación pola situación do fútbol feminino en España, á vez que se comprometeron a loitar para que a situación mude, e a muller poida ocupar o lugar que lle corresponde na sociedade e o deporte. As súas Altezas Reais prometeron comentar ao presidente da Real Federación Española de Fútbol, Angel María Villar, a necesidade de mellorar o fútbol feminino, buscando unha profesionalización do mesmo. Logo de tanto diñeiro gastado en Proxectos de Igualdade, Concellerías e ata un Ministerio propio, en España seguen existindo casos flagrantes de discriminación e este, desde logo, é un deles Desde mudegá, queremos manifestar o noso total apoio a todas as mulleres futbolistas e en especial, ás futbolistas galegas. Mudegá Mulleres deportistas galegas
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada