O campus de Ourense celebra esta semana o centenario do recoñecemento do dereito da muller a ser universitaria, organizando un programa de actividades baixo o lema 100 anos de historia. As mulleres con dereito a ser universitarias. Trátase dun programa de actividades culturais, facendo especial fincapé no ámbito deportivo, que comezará este martes 23 cun partido de fútbol feminino entre a U. D. Barbadás e o Universidade de Vigo, que formará para a ocasión un equipo composto por mulleres da comunidade universitaria. Será ás 18.30 h no Pavillón Universitario, con entrada libre para as persoas que se queiran achegar. Ás 19.30 h continuarán as actividades na entrada do Edificio Xurídico-Empresarial con partidas de xadrez simultáneas.
O mércores 24 continuarán as actividades ás 17.00 h cunha sesión de taichi nos xardíns do campus. Ao igual que nas anteriores actividades, dirixidas por mulleres, están convidadas a participar todas aquelas persoas interesadas.
A última xornada desta conmemoración, o xoves, contará cunha conferencia a cargo de Mª. Victoria Carballo Calero, a primeira catedrática do campus de Ourense. Mª Victoria, catedrática de Historia da Arte e recente Premio Galicia de Investigación, falará sobre Unha muller, Maruja Mallo, en territorio de homes: as residencias de estudantes. Será ás 12.00 h na sala multiusos do Edificio das Facultades. Xa para rematar, ás 18.00 h celebrarase un triangular de baloncestoentre os equipos femininos campus de Ourense, Carmelitas e Pavillón de Ourense, no Pavillón Universitario.O mércores 24 continuarán as actividades ás 17.00 h cunha sesión de taichi nos xardíns do campus. Ao igual que nas anteriores actividades, dirixidas por mulleres, están convidadas a participar todas aquelas persoas interesadas.
Animamos a toda a comunidade universitaria a participar nas diversas actividades. Para máis información: http://duvi.uvigo.es/index.
NOTA IMPORTANTE: En el cartel figura el partido de baloncesto con horario de 18,00 horas, cuando en realidad es a las 17,00 horas según información de Dª Mª Cristina Novoa del Centro de Deportes.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada