24 octubre 2010

CÉLTIGA-0 BARBADÁS-1 (PREFERENTE)



Barbadás – Roberto, Carlos, Saúl, Alex, César,  Schuster, Cristián, Ismael,  Martín , Almeida  Outomuro.
Tamén xogaron  - Marcos, Felipe, Pablo e Fran
 Céltiga – Mar cos, Darío. Oscar, Lino, Santos, Beni, Luis Alber, Fernando, Manuel, Ero e Juanito
Tamén xogaron – Balan, Fiji, Manue e Iván.
Inicio intenso e disputado por ámbalas partes nos primeiros compases do partido no que tivo un pouco máis de posesión o Céltiga.  Co paso dos minutos irían cambiando as cousas.O Barbadás tería máis a pelota e esto propiciaría sendas ocasións de gol de Cristián e Outomuro, sendo a deste xogador a máis clara ao rematar moi floxo un balón na frontal da área pequeña.
Nos compases finais deste primeiro tempo o colexiado pitaría penalti a prol do Céltiga, por sendas supostas mans de César no minuto 40. O lonzamento de penalti correu a cargo de Juanito, sendo detido nunha boa intervención por Roberto.
A segunda metade sería un calco da primeira.Dominio local nos primeiros minutos, índose equilibrando o encon tro co transcurir dos mesmos. Fronte do empeño local destacamos a templanza visitante en busca do control do balón para elaborar o xogo e busca la portería visitante.
Tornouse por veces brusco o encontró sobre todo por parte local que se quedaría cun xogador menos no minuto 72 ao ser expulsado nano que tan so levaba 2 minutos no terreo de xogo ao agredir co cóbado a Schuster nun remate de cabeza.
A mellor ocasión local sería no minuto 78 nunha xogda elaborada por Ero pero cuio disparo sería rexeitado por Roberto en primeira instancia e despois pola defensa.
Pero sería no minuto 80 cando o Barbadás acadería o gol ao rematar de cabeza Fran un centro de Marcos inaugurando o marcador do encontró  e sendo xusto premio ao único equipo que se adicou a xogar estes compases finais do encon tro. No minuto 82 voltaría o Barbadás gozar dunha boa ocasión nun disparo de falta de Marcos que detería o porteiro.
Ao final 3 puntos para o Barbadás que a vindeira xornada recibe ao Pontellas

Crónica de Quico.      MAS FOTOS (JORGE) PULSANDO AQUÍ

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada