Resultado xusto, aínda que curto ao tenor do xogo amosado polos dous equipos e polas ocasións xeradas polo Barbadás que puido obter un resultado netamente mellor. Xa nos inicios do encontró Martín uido adiantar ao Barbadás ao fallar una clara ocasión co Porteiro batido na frontal da área ao disparar contra os defensores. Pero sería na segunda metade cando se multiplicarían as ocasións dos visitantes comenzando cun ha xogada que remataría con gol de Martín no minuto 55 , que a postre sería anulado por suposto fora de xogo. No minuto 60 sería Guillermo quen dun potente disparo a reviravolta estaría a piques de batir ao meta local. Tra lo saque do porteiro recuperaría Ismael que deseguido voltaría por en apretos aos locais cun disparo que se ía alto.Minuto 61.
No 65 remataría Martín de cabeza un centro dende a banda, rexeitando o porteiro o balón e cuio rechace iría parar aos pés de Felipe que asistiría a Cristián que remataría fora cun froxo disparo. Na recta final do partido tería una nova ocasión Felipe ao rematar un balón a pase de Martín.
Sería xa no último suspiro do partido cando Martín , a pase de Felipe, acadaría o gol da victoria, esto no minuto 89, que permitíu ao Barbadás acadar 3 novos puntos e seguir xunto co Verín e co Lalín imbatidos na táboa clasificatoria.
A vindeira xornada será en Atios.
Barbadás – Roberto, Jorge, Marcos, López,César, Ismael, Almeida, Cristián, Martín, Felipe e Guillermo.
Tamén xogaron – Saúl, Carlitos e Fran.
INCIDENCIAS – Iglesias resultou lesionado no período de quecemento, tendo que ser sustituído por Guillermo no inicio do partido. Quico Rodriguez.
VER FOTOS AMPLIADAS Y OTRAS PULSANDO AQUÍ.
OTROS RESULTADOS.
Choco 1 - 1 Céltiga
Gran Peña 1 - 1 Atios
Arousa 2 - 0 Ourense B
Verín 2 - 0 Rápido Bahía
A Peroxa 0 - 4 Lalín
Porriño Industrial 1 - 0 Arenteiro
Xuventú Sanxenxo 1 - 1 Pontellas
Marín 2 - 1 Cruceiro do Hío
Ribadumia 1 - 1 Nigrán
Xuventude Cambados 0 - 1 Barbadás
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada