30 agosto 2010
EL BARBADÁS GANA CON APUROS AL PORRIÑO (1-0)
Estrenouse o Barbadás neste inicio de liga cunha curta victoria fronte dun Porriño loitador , que puxo as cousas difíciles, sobre todo na segunda metade, cun fútbol directo e intenso que lles permitíu ter varias ocasións de gol que foron, eso sí, desbaratadas por Roberto e pola defensa local.
Vimos unha primeira metade na que o Barbadás saíu moi mentalizado e rapidamente se dispuxo a buscar a porteria defendida por Piri. Froito diso foron tres claras ocasións as creadas nos primeiros 4 minutos, sendo máis claro o disparo de Martín. A pesares de que ambolos conxuntos dispuxeron de ocasións, o dominio deste período correspondeulle ao Barbadás que acadaría o gol no minuto 32 ao rematar Cristián cun forte disparo ante o cal non puido facer nada o gardameta visitante Piri.
Na segunda metade equilibraríase o o dominio do xogo e seguiríanse a ter ocasións por ámbaalas partes destacando o disparo ao longueiro do Visitante Rober 1º e as ocasións marradas sucsivamente por Iglesias, Almeida e Martín que non foron capaces de batir ao cancerbeiro visitante en sendas ocasións que puideron facerlle máis fácil e cómodo o treito final do partido.
En termos xerais , bo partido por ámbolos equipos, pero destacando os 3 puntos que se quedan nos Carrís e que lle permiten acadar unha victoria no primeiro partido da competición, ao Barbadás, feito que non se producía dende hai 5 tempadas.
Quico Rodriguez, Video de Roberto... (Fotos, mas tarde)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada