16 julio 2010

C.D.OURENSE-CELTA DE VIGO B Y TORNEO JUVENIL EN SANTA CRUZ DE ARRABALDO

O vindeiro 1 de agosto de 2010, terá lugar no campo do Seixo o partido entre o CD. Ourense e o Celta B de Vigo, o motivo do mesmo é recaudar fondos para a Escola de Fútbol, pois ainda que contamos con axudas da administración e de empresas colaboradoras, se queremos seguir sendo unha Escola de prestixio, temos que realizar inversións que ás veces non se poden afrontar cos cartos que recibimos por ditas vias.

Temos que agradecer a colaboración do Real Club Celta de Vigo e do C.D. Ourense ó poñerse a nosa disposición para a celebración de dito partido con coste 0.

Pedimos a colaboración de todos e a asistencia a dito partido, sobre todo dos xogadores, familiares, socios e veciños/as . A entrada será gratuita, soamente poremos a venta rifas, para quen queira colaborar con nós e sortearemos varios regalos. Teremos a venta polbo, pan e viño de casa, para asi disfrutar do primeiro partido desta tempada para ambos equipos:  INFORMACIÓN DEL CLUB ARRABALDO.

Tamén vos queremos comunicar que xa temos confirmados a totalidade dos equipos que participarán no:


II TORNEO XUVENIL “MANOLO ARNOIA” que se celebrará o 21 e 28 de agosto.






Mas información en la Web del Arrabaldo.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada