BOIRO: Ana I (m. 89 Renata)., Milagros, Katerina, Victoria, Ana Bermudez, Ana C. Abad(m. 64 Tamara), Marina (m. 87 Olalla), Rebeca, Adelaida (m. 89 Ana Outeiral), Nerea e Verónica.
BARBADÁS: House, María (m. 80 Noelia), Pacy, Abi, Jani, Cris, Albinha, Mónica (m. 45 Nuri), Emma, Alba e Vero.
ARBITRO: Francisco José Piñeiro Prol. Bo arbitraxe.
O equipo feminino do Barbadás saíu derrotado "con merecemento" da súa visita a Boiro contra un equipo ao que avantaxou en 47 puntos na liga. Cando aínda non se chegou ao primeiro minuto de xogo Alba xa dispuxo dunha inmellorable ocasión pero o seu tiro pegou no poste. As locais sabendo a súa "teórica inferioridade" esperábannos no seu propio campo e as xogadoras do Barbadás crendo na súa "suposta superioridade" xogaban un partido con pouca intensidade e ritmo no que pensaban que era cuestión de tempo o conseguir adiantarse no marcador. Con empate a cero goles chegábase ao descanso. As locais aos poucos fóronse crecendo e crendo nas súas posibilidades, aínda que primeiro Vero nun novo tiro ao poste e despois Emma cando se atopaba soa ante a boa porteira local Ana e o seu disparo raso é desviado por esta, tiveron dúas boas ocasións para que nos adiantásemos no marcador. No minuto 80 Marina fai o 1-0 cando conduce un balón en banda dereita e trata de sacar un centro que se converte nun tiro "envelenado" e o balón supera por alto a House que non pode facer nada por detelo. De aí ata o final Emma volveu ter unha clara ocasión que sacou a extraoridinaria porteira Ana e Nuri non acertou a rematar un "corner" cando estaba soa.
Agora tócanos remontar no partido de volta un resultado "perigoso" xa que un gol do Boiro obrigaríanos a marcar polo menos 3 goles. A conclusión que debemos sacar deste partido é que en fútbol non debe un nunca confiarse e menos nunha competición a ida e volta, xa que un erro déixache fóra e que sen intensidade, concentración e loita o Barbadás non é mellor que o Boiro
Imagen del Boiro en Barbadás en el partido liguero.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada