10 mayo 2010

BARBADÁS FEMENINO-2 BOIRO-0 (SUFRIMIENTO HASTA EL FINAL)

Barbadás: House, María Pacy, Abi, Jani, Cris, Albinha (m. 88 Su), Mónica, Emma (m. 87 Nuri) , Alba (m. 89 Rocio)e Vero.

Boiro: Ana, Milagros, Katerina, María, Ana Bermudez, Ana C. Abad, Marina (m. 84 María Vázquez), Rebeca, Adelaida, Nerea e Verónica (m. 80 Ana Outeiral)Árbitro: José R. Jiménez Alberte. Regular arbitraxe.

O Barbadás superou por 2-0 ao C.D. Boiro nun partido moi trabado que Cris resolveu no último minuto e fai que as locais pasen a cuartos de final. Non foi un día no que as locais estiveron demasiado ben, xa que aos nervios de ter que remontar o 1-0 da ida uníronse varios inconvenientes en forma de lesións, xa que House tivo que xogar cunha rotura fibrilar no ombreiro dereito, Pacy cunha contractura que lle impedía desprazar o balón en longo e Emma cunha infección na boca pola que está a tratamento antibiótico. O primeiro gol chegou mediada a primeira metade cando Alba recibe un pase ao borde da área e lanza un tiro colocado que entra despois de pegar no poste dereito da portaría defendida por Ana. Un pouco antes Emma tivo unha gran ocasión cando recibe o balón dentro da área e o seu disparo é desviado a corner pola porteira visitante. A segunda parte é moi parecida á primeira, coas locais tentando facer o segundo gol e as visitantes tratando de deixar pasar o tempo. O partid
o puido quedar resolto no minuto 75 de partido cando Jani se interna por banda esquerda e fai un pase raso ao segundo pau ao que chega Alba totalmente soa coa porteira batida pero non consegue empuxar o balón a gol. A falta de 10 minutos para o final do partido Vero é obxecto dun claro penalti cando é derrubada por unha defensa visitante pero o Sr Alberte que estaba a 3 metros non o pita. O partido parecida que ía acabar 1-0 e teriamos que ir a unha prórroga, pero no minuto 88 Cris rouba un balón no medio campo e fai unha parede con Emma plantándose soa ante Ana que logra desviar o seu remate pero colle o rexeite e desde o chan fai o 2-0. O partido chegaba ao final e o árbitro di que vai descontar 2 minutos, tempo no que o Barbadás fai 3 cambios pero o árbitro decide descontar 7 minutos tendo as visitantes unha ocasión nun centro lateral que pega no traveseiro. Non foi dos mellores partidos das locais pero debemos agradecer a súa entrega e loita ata o final. Parabén ás no
sas mozas.

PRIMERA PARTE DE UNA AMPLIA SELECCIÓN DE FOTOS PULSANDO AQUÍ - MAÑANA MAS.

El Guardesa será el rival del Barbadás en la próxima eliminatoria despues de superar soprendentemente a un Castrelos que traía ventaja de su partido a domicilio.

AQUÍ (la primera parte de las eliminatorias fueron tomadas del Blog del Castrelos), iremos añadiendo los equipos clasificados a medida que se vayan conociendo. Podeis informar en la sección de comentarios.

11 comentarios:

  1. REsultados Copa Femenina
    SR Casablanca 1-0 Coruxo FC Pasa el Coruxo FC
    R. Castrelos 2 – 4 U. Guardesa Pasa la U.Guardesa
    Sárdoma 1 – 0 Ponteareas Pasa el Sárdoma
    Val do Ulla 1 – 0 Orzán SD Pasa el Val do Ulla
    Victoria 1 – 0 C. Santiago Pasa el Victoria CF

    ResponderSuprimir
  2. mal comportamento das xogadoras do barbadas que nunha xogada na que a porteira estaba tirado no chan,continuaron a xogada intentando facer gol,e vendo sempre que a porteira estaba tumbada,e o adestrador dicindo que marcasesn gol,con ista educacion no sei se chegaran moi lexos,queren gañar por riba de todo

    ResponderSuprimir
  3. q ti non farias o mesmo....
    se elas pretendian perder tempo en calquer momento...algunha asta se tiraba o chan qeixandose sen lle facer nada.
    e non falemos de educacion!!

    ResponderSuprimir
  4. non nos vamos a poñer aqui a falar de qn ten educacion ou nn...senon do compañerismo que algunhas personas poden deixar de ter co unico obxetivo de pasar de fase....e nn vamos a falar do horario do partido pq senon ahi o compañerismo desaparece completamente....espero que disfrutarades da vosa "grandiosa victoria", pq o merecedes e moito ademais....con xente asi da gusto xogar partidos.

    ResponderSuprimir
  5. con respeto o horario decir que o equipo femenino xoga sempre a esa hora!! e o que non queira xogar a esa hora que non se presente e asunto solucionado

    ResponderSuprimir
  6. mal perder se llama el vuestro pero si no hableis mas porque no hay nada que hablar!!ahora perdisteis por el horario no???perdona aqui hay 14 equipos si en boiro hai 3 y poden poner el horario que quieran es vuestro problema!!una jugadora me dijo..en la pagina no sale!!porq para q sepais en nuestro campo juega el valenza, el cual jugaba esa misma tarde...la otra vez jugasteis a la mañana perdisteis 3-0 y nadie se quejo asiq...

    ResponderSuprimir
  7. nosotros perdimos alli y nadie se quejo ni de horarios ni de nada!!!perdimos y punto!sabemos perder!!

    ResponderSuprimir
  8. non se trata de perder ou ganar...e de eso de perder creo q sabemos e o aceptamos senon non xogariamos a nada...o conto e q vos pedistedes cambiar o partido para ir de "festa" e non houbo problema....e nos pedimolo e pusestedes mil e mais impedimentos q seguramente sexan verdade peo alguns son moi sospeitosos.....nada mais...

    ResponderSuprimir
  9. da igual o horario, as excusas e o resultado, o q importa e q cada vez q unha do barbadas se lastimaba o boiro botaba o balon fora e cando a nosa porteira estaba mal non vos molestastedes en botalo fora q inda intentasdes marca gol o q pasa q vos saleu mal... solo ai q ter un pouco de compañerismo, estamos xojando para pasalo ben a ninguen se lle vai a vida neso

    ResponderSuprimir
  10. peri que eso estuvera mal no tiene nada que ver con horarios y resultados claro que no,puede que no estubera bien pero no digais que la victoria fue por horarios y cosas porq no es asi.

    ResponderSuprimir
  11. Una pregunta alguien podria decirme que liga jugara la temporada que viene (2010-11) el boiro femenino?
    Muchas gracias

    ResponderSuprimir