19 abril 2010

CAMBADOS-2 BARBADÁS-0 (PINCHAZO INESPERADO Y SIN RUEDAS DE RUPUESTO)


Nova derrota do Barbadás, esta vez en Burgáns fronte a un Cambados que se aliou ca sorte e co oficio dos seus xogadores máis veteranos que xunto cunha imaxe máis floxa dada polo Barbadás na segunda metade contribuiron a que os locais se alzaran cos tres puntos.

Presenciamos dúas partes ben diferentes do encontro: unha primeira metade na que o Barbadás dominou o encontro e tivo as mellares ocasións podendo incluso acadar algún gol, tanto nos pes de Felipe coma Outomuro. Pero nembargantes o partido troco una segunda metade. Un Barbadás máis impreciso e influenciado polas lesións de xogadores coma Marcos víuse superado pòr un Cambados máis afortunado cara a portería defendida por Sotelo e favorecido por fallos arbitrais coma o fora de xogo non sinalado polo línea Cubas acabaron por sentenciar a un Barbadás que pouco máis poido facer.

As lesións e a mala sorte son dous dos grandes factores que están a marcar a tempada dun Barbadás que loita por seguir aspirando a todo pero que se que freado na súa loita por estar arriba na táboa a pesares de realizarse un gran esforzo para conseguilo.

QUICO RODRIGUEZ (Crónica)  JORGE (Fotos).. 

FOTOS AMPLIADAS, LA AFICIÓN Y LA RECUPERACIÓN DE ROBERTO

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada