28 marzo 2010

EL BARBADÁS RESOLVIÓ EN MEDIA HORA ANTE EL HIO

Rexional Preferente                                                                                                    

Barbadás 3 -1 Cruceiro do Ío                                         
Barbadás – Roberto, Jorge, Saúl, López, César, Felipe, Julito, Isma, Cristián, Almeida e Outomuro.Tamén xogaron :  Abel, Meleiro 2º e José Antonio
Cruceiro – Abraham, Fran, Pasu, Alberto, Martín, Borja, Rober, Fandiño, Carlos,Oscar García, Iago Casa Tamén Xogaron – Darío, Neco, Iago Juncal e Alberto Villar

 Presentouselle un partido difícil esta tarde ao Barbadás, condicionado polo resultado do pasado xoves e polas numerosas ausencias por lesións no equipo local, lacra que arrastra ao longo da tempada. Debutou neste encontro a derradeira fichaxe do Barbadás.Tratase do dianteiro José Antonio que militou entre outros equipos no Ponte Ourense e no Xuvenil do Deportivo.
Caracterizouse o encontro pola intensidade defensiva por ámbalas partes, tendo como obxectivo común a portería contraria. A pesares das carencias ofensivas do Barbadás motivadas polas ausencias de xogadores a causa das lesións, non lle perdeu cara a un encontro que xa estaba costa arriba dende o inicio polo anteriormente sinalado.
Pero a pesares des inconvinte o Barbadás acabou superando ao Cruceiro cun claro 3 a 1 a todas luces xusto visto o fútbol que amosaron ámbalas escuadras. Os goles acadaronse todos no primeiro período que se tornou ser máis intenso e directo fronte unha segunda parte máis trabada e con menos fútbol. A fin de contas o importante é o resultado acadado que permite  sumar tres novos puntos na clasificación.


GOLES
0 - 1  - Rober   - Minuto 4
1 - 1  - Felipe de falta - Minuto 10
2 - 1  - Almeida de disparo dende fora da área - Minuto 19
3 - 1  -  Cristián tras pillar un rechace do porteiro. Minuto 33 

QUICO  RODRIGUEZ- Fotos de Jorge.     

LA AFICIÓN Y EL ÁRBITRO

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada