01 febrero 2010

BARBADÁS JUVENIL B-3 PONTE OURENSE C-0


click para agrandar.

Barbadás: Solla, Julio, Bolaño, Marcos (m. 60 Franco), Yeray, Andy (m.65 Manu), Juan (m. 65 Alex López), Diego, Carballo (m. 60 Alex), Dario (m. 83 Marcio) e Martín.

Bo partido o do noso Xuvenil "*B" ante un Ponte Ourense "*C" que viña de 6 xornadas sen coñecer a derrota, empatando co Verín e sendo capaces de gañar ao Rúa na súa casa por 1-2. Comezou o partido con claro dominio do Barbadás e cun ritmo alto de xogo con constantes cambios de orientación de banda a banda que facía que os rivais se desgastasen correndo detrás do balón. O primeiro gol chegou no minuto 25 cando á saída dun "corner" Diego de cabeza fai o 1-0. A continuación o equipo visitante ten unha boa ocasión que Solla salva cunha gran parada. De novo, noutro "corner", Martín pon o 2-0 con que finaliza a primeira metade. Na segunda parte o xogo faise máis "embarullado" e o dominio é mais alterno, pero no minuto 65 Juan fai o 3-0 que sentencia o partido. En definitiva, boa progresión deste equipo que a falta de 4 xornadas consolídase na 3ª posición e fai que o obxectivo de ascender estea case conseguido sempre que o Xuvenil "A" ascenda a Liga Galega.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada