22 noviembre 2009

PORTONOVO-2 BARBADÁS-0 (TERCER PARTIDO CONSECUTIVO SIN VER PUERTA)


Clasificación actual y Diego Cebreiro con el uniforme del Barbadás y hoy destacado en el Portonovo. 

Derrota do Barbadás no municipal de Baltar fronte dun Portonovo aliada ca sorte e co tempo. Dous goles a cero que non amosan unha superioridade clara a prol dos locais.Solo o infortunio e un xogo pouco preciso e bastante fallón por parte do Barbadás, beneficiaron ao equipo local donde destacou un Diego Cebreiro moi motivado fronte a visita do seu ex equipo.

Non foi o día do Barbadás. Pero a pesares de todo podemos destacar dous tempos ben diferenciados.Un ha primeira parte na que se víu un mayor dominio do esférico por parte visitante fronte dun equipo local a expectativa e que na única cegada a porta acadou bqatir a Roberto por medio dun cabezazo de Ero, iso sí precedido dunha falta deste mesmo xogador sobre o seu defensa e que o árbitro non pitou.A mellor ocasión visitante foi un disparo de Almeida ao poste no minuto 11. Tería máis dominio do balón o Barbadás pero non atinaría a batir a Solla.Cambiaron as cousas na segunda metade.Neste períodoo vimos un Barbadás máis impreciso, menos acertado cara a recuperación de balóns e creación de xogadas . No minuto 70 teríamos a ocasión máis clara deste tempo ao rematar dun potente disparo Marcos ao poste esquerdo de Solla.

No minuto 84 Oscar establecería o definitivo 2 a cero ao marcar un penalti cometido por César sobre Adrián.

Polo Barbadás xogaron :

Roberto, Jorge, Julito, López,César, Dieguito (Marcos Sotelo), Almeida ( Outomuro), Felipe, Soares (Javi Ramos) Cristian e Alex

Crónica de Quico Rodriquez. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada