
Barbadás: House, María, Su, Paci, Jani, Cris, Albinha, Mónica, Abi (m. 55 Mendi), Emma e Alba (m. 55 Vero)
Hoxe o noso equipo feminino deu unha lección de "garra e decoro" para conseguir un empate ante un gran equipo que xa estubo varios anos en competición nacional e cuxo obxectivo é volver canto antes. Non se lle pode pedir máis a unha "plantilla" de 17 xogadoras das que 5 ou 6 só poden adestrar os venres e ás que se lle lesionou para unha longa tempada unha das sogadoras mais importantes que é Coira e que hoxe só dispuña de 14 xogadoras e dúas delas medio lesionadas; Cris cunha forte dor de ombreiro e Abi cun forte esguinde de nocello.
Comezou o partido coas nosas mozas un pouco "asustadas" e o Bértola era o dominador do partido. Froito diso chegou o primeiro gol visitante no minuto 15 da primeira parte en que un fallo de House nun balón fácil, váiselle das mans e queda a piés dunha dianteira que só ten que empuxar o balón. Pouco a pouco, as nosas mozas comezan a dominar o partido e Albinha dispón dunha boa ocasión para marcar, pero unha defensa logra cortar o balón cando ía rematar soa ante a porteira visitante. Comezamos a segunda parte cun maior dominio e Emma fai o 1-1 aos 10 minutos da segunda metade nun "man a man"coa porteira visitante marcando un bonito gol. O xogo era igualado pero con máis chegadas por parte das nosas, pero nunha discutida falta o Bertola fai o 1-2 cando tira unha xogadora o pega na barreira descolocando a House que non pode facer nada por evitar o gol. Lonxe de desanimarnos o equipo "saca todo o seu orgullo" e nunha falta no medio campo sacada con rapidez por Cris para Emma que
colle as costas á defensa visitante e despues de recortar a unha xogadora lanza un gran tiro que entra por toda a escuadra. !Golazooooo.!. De aí até o final tivemos ocasións suficientes para gañar o partido, pero tamén no último minuto Paci salva un gol baixo nosa portaría. En definitiva, debemos de estar orgullosísimos das nosas mozas que aínda cheas de adversidades logran competir contra equipos cunha tradición e potencial moito maior que o noso.
Fago unha reflexión: !Onde poderiamos chegar si non se lesionase ninguén, cunha "plantilla" un pouco mais longa e podendo adestrar todas xuntas toda a semana!

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada