

Partido xogado nas instalacións de A Sangriña na tarde-noite do domingo.
Costoulle moito ao equipo visitante facerse sitio no campo. Axudoulle a porteira local nunha falta botada dende moi lonxe por Cris, aos poucos minutos do comezo. Gol grazas ás brandengues máns da porteira.
Despois o Unión Guardesa tentou o empate unha e outra vez, co patapún parriba e a correr, pero a defensa do Barbadás foi solventando sen maiores problemas, e cando se veían superadas, alí estaba House. Unha garantía.
O partido complicouse moito no minuto 35 cando Mendi foi expulsada por protestar unha falta que o árbitro non apreciou. O Barbadás quedou con dez e todo semellaba costa arriba para elas. Ademáis Cris renqueaba polo campo cun hombro dislocado nunha caricia recibida cando se adentraba por banda esquerda.
A segunda parte foi parecida. Pensábamos que o Unión Guardesa empataría, pero non. As do Barbadás aguantaron o tipo, competiron por cada balón e as poucas oportunidades que xenerou o Guardés foron desperdiciadas nos últimos tiros, sempre fóra.
Enma tivo varios balóns nos seus pés para romper definitivamente o encontro, pero esto non sucedeu ata o minuto 68, no que chegou nun contraataque e marcou superando a súa par e tirando casi sen ángulo.
Pouco despois, no minuto 76 fixo unha repetición do anterior gol, chegando aínda máis forzada e con menos ángulo. Gran loitadora Enma.
Alineación: House, María, Abi, Paci, Jani, Cris, Albiña (Su, 55'), Mónica (Nuri, 78'), Mendi (Expulsada, 35'), Enma (Noelia, 77'), Alba
Crónica e fotos enviadas por Nacho (gracias), Webmaster da nova páxina FUTBOL FEMENINO GALEGO, que estivo presente no encontro.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada