09 noviembre 2009

EL CADETE B PIERDE EL LIDERATO EN SANTA CRUZ


SDC Arrabaldo: Isma, Javi, Abel, Miguel, Andrés, José Daniel, Jesús, Guille, Bruno, Duarte e Dacosta. Tamén xogaron Aarón, Luismi e Sito.

UD Barbadás B: Fran, Diego, Efrén, Parra, Iago, Brais, Pablo, Jorge, Gael, Jorge II e Joel. Tamén xogaron Ucha, Fran II, Ian, Marcos e Cristian.

Árbitro: Pablo. Sen complicacións, ningún cartón nun partido de luva branca.
Goles: 1-0 (min. 2) Bruno; 1-1 (min. 28) Jorge II

Partido, xogado depoder a poder, entre dous equipos que contaban nas súas filas, soamente con xogadores cadetes de primeiro ano. O gol inicial do Arrabaldo, deulle serenidade para afrontar o partido, contra o líder da categoría, que empataría mediada a primeira parte, nunha gran xogada da súa liña ofensiva. 
Na segunda parte ambas as defensas impuxéronse aos ataques, tendo o Barbadás oportunidades para adiantarse no marcador ao comezo do período, e o Arrabaldo ao final do mesmo. 
Repartición de puntos nun partido xogado de poder a poder, e onde ambos os equipos seguen crecendo futbolísticamente. 

Cabe destacar, así mesmo, o bo ambiente reinante en ambos os bancos.

Crónica e foto da Web do Arrabaldo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada