PULSA PARA AMPLIAR IMAGENES.
Barbadás: P. House, María, Abi, Su, Jani, Cris, Albinha, Mónica, Mendi (m.55 Noelia), Emma e Alba (m. 70 Nuria)
Comezamos o partido cun dominio claro e aos poucos minutos Cris lanza unha falta que bota antes de chegar a portería e debido a que o campo estaba rápido pola choiva fai que a porteira local non poida atallar o balón. Tiñamos o partido controlado pero nun erro na saída do balón Abí dá un pase comprometido a María á que lle robán o balón e fan o 1-1. O partido era bastante "trabado" xa que non había espazos para o futbol combinativo e aínda que tíñamos o dominio do balón non dispoñíamos de moitas oportunidades claras, ata que mediada a primeira parte Albiha pasa a Emma que soa ante a porteira local fai o 1-2. Faltando 5 minutos para o descanso Alba cruza o balón ante a saída da porteira local e aínda que o balón xa entraba Albinha quixo aseguralo e o gol foi anulado por un "dubidoso" fóra de xogo. No comezo da segunda parte parecía que pronto poderiamos "matar" o partido xa que Emma en dúas ocasións plantouse soa ante a porteira local pero en ambas as ocasións fallou. Segundo ía avanzando o partido este íase complicando xa que as locais meteron máis xente arriba e aínda que non conseguían crear perigo si había xogadas "embarulladas" que en calquera momento poderían darnos un desgusto; ademais o árbitro segundo pasaba o tempo máis tentaba "dar unha axudiña" ao equipo local e pitábanos continuas faltas en contra e ningunha a favor; aínda así apenas pasamos apuros até o final do partido. Non foi o noso mellor partido, pero aúna así fixemos méritos suficientes para gañar mesmo por máis goles.


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada