

Soares y Cristian dos de los protagonistas de un partido en el que todos estuvieron a un gran nivel.
BARBADÁSRoberto,Jorge,Julito,López,César,Felipe,Cristián,Dieguito,Soares,Almeida e AlexTamén xogaron – Abel, Josiño,Javi Ramos e Outomuro.
TOMIÑO - Jorge,Bojan,Isma,Luis,Halagan,Víctor,Hugo,Mon,Iván,Rubén e Jaime.
Tamén xogaron – Alonso,Cuña e Nico.
ÁRBITRO - Rubén Martínez auxiliado por Elías Simó y Gonzalo Carballo do Colexio de Pontevedra.
Sin comentarios ten o resultado acadado esta tarde polo Barbadás en Tomiño.Moi superior foi o equipo visitante fronte dun equipo local que o único que amosou foi pundonor e entrega pero que en ningun momento foi quen de superar a un Barbadás moi ben asentado no terreo de xogo e dono do partido.
Abriría o marcador Cesar no minuto 11 ao rematar un rechace na área despois dun saque da falta de Felipe.
Ampliaría o marcador para o Barbadás Cristián no minuto 29 ao rematar de tacón un pase na área de Soares acadando así o 0 a 2.Continuaría o dominio do Barbadás no resto da primeira metade amosando os locais entrega e esforzo pero nada máis.
O dominio do equpio do Barbadás veríase reafirmado no minuto 42 cun gol de Alex que acadaba o 0 a 3 ao rematar un bo pase de David Soares.
Xa na segunda parte Soares recibiría premio ao rematar un impresionante pase de Cristián dende o terreo de xogo do Barbadás e colocando un amplio e escandaloso 0 a 4 no marcador.
Reduciría distancia o Tomiño ao acadar Falagan o 1 a 4 tras rematar un centro de cabeza. Serían uns instantes de imprecisión do Barbadás . Esto reflictiríase coa consecución do segundo gol local a cargo de Víctor ao ganarlle as espaldas a defensa visitante.Pero esto sería un espellismo.O Barbadás tras estes intres de imprecisión volbvería a facerse dono do partido afogando ao Tomiño na súa área e conseguindo acadar así o definitivo 2 a 5 ao marcar Almeida unha vez máis de cabeza un remate a centro de Javi Ramos que entro una segunda metade.
Resultado xusto e sin paliativos. A vindeira xornada novo desprazamento ao campo do Revel contra o Sanxenxo.
Cronica de Quico.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada