
La lista completa de las Ayudas que concede la Secretaría Xeral para o Deporte ya ha sido publicada.
A Secretaría Xeral para o Deporte acaba de publicar a listaxe das axudas concedidas a todos aqueles clubs e agrupacións deportivas escolares que formalizaron a súa solicitude dentro da convocatoria descrita na orde do 19 de febreiro de 2009. O prazo de xustificación das actividades -que teñen que terse rematado o 15 de outubro- remata o luns 2 de novembro. A listaxe de entidades e toda a documentación necesaria está dispoñible no apartado de Convocatorias e no do ESAL desta mesma web.
Os anexos para solicitar o pagamento da axuda e os documentos para xustificar o gasto, atópanse nesta mesma páxina web. Sempre que sexa posible, a xustificación debe presentarse nos Servicios Provinciais de Deportes a fin de axiliza-la tramitación da subvención.
Nos próximos días cada clube recibirá unha carta do Secretario Xeral para o Deporte comunicándolle a Resolución.
De la pagina Deportegalego.eu.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada