Almeida que había salido en la segunda mitad en el momento de conseguir su tanto. Barbadás 2 - 0 Pontellas - Importante Victoria
ALINEACIONES INICIALES
BARBADAS: ROBERTO,JORGE, JOSIÑO, DIEGO LOPEZ, CESAR, FELIPE, OUTOMURO, ISMAEL, SOARES, CRISTIAN Y ALEX.
PONTELLAS: JACOBO, BLANQUILLO, RUBEN, ANDRE, ALBERTO, ESTEBAN, DIEGO, NANDO, FERREIRO, LUCAS Y YAGO.
Intenso partido o disputado polo Barbadás fronte dun rival o Pontellas que chegou aos Carrís despois de haber colleitado unha serie de resultados parellos aos nosos que o mantiñan igualado a nós na táboa.A pesares diso púxolle as cousas difíciles a un Barbadás que aínda que mellor asentado no centro do campo non foi quen de superar aos visitantes na parcela central do terreo de xogo, sendo corroborado esto no marcador que reflexou un empate a cero goles na primeira parte, reflectando así a igualdade no terreo de xogo.
Cambiarían as cousas na segunda metade, impóndose por momentos o xogo dun Barbadás máis centrado que se vería corroborado cos dous goles acadados por Alex no minuto 52 ao rematar un centro de Jorge dende a banda dereita do ataque e co gole de Almeida ao rematar de cabeza unha falta sacada por Felipe no minuto 85.
A vindeira xornada o Barbadás desprázase a Terras do Rosal para se enfrontar ao Tomiño, que na recta pasada da anterior campaña gañara ao Barbadas, sendo un dos factores que impedíu o ascenso directo a 3ª División.
Cronica e imaxes de Quico Rodriguez.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada