
Barbadás: P. House, María (m. 65 Nuria), Abi, Su, Jani (m. 55 Alba), Cris, Coira, Mómica, Emma (m. 70 Yanira), Vero (m. 55 Mendi) e Albiña (m. 45 Paci).
Duro correctivo o recibido hoxe polo noso equipo no seu desprazamento a A Coruña para enfrontarse ao Orzán, un equipo recentemente acabado de descender de categoría nacional. Nos primeiros 15 minutos de partido nada facía presaxiar o desenlace final, xa que o dominio correspondía ao Barbadás e as mozas do Orzán estaban replegadas para saír ao contraataque con pelotazos longos ás costas das nosas defensas con duas interiores, Miriam e Barca, cunha velocidade e calidade de categoría superior. O 1-0 chegou aos 20 minutos nun balón deste medio campo a Barca que gaña en velocidade a Jani e marca ante a saída de House. O 2-0 poucos minutos despois nunha xogada desafortunada xa que Coira por dúas veces tenta despexar e o balón pega en Miriam que queda soa ante House e marca. O 2-1 conseguímolo no minuto 35 por medio de Coira de penalti por unhas mans dunha defensa rival. Parecía que nos podiamos meter no partido, pero de novo, a un minuto do final da primeira parte unha patada en
longo desde máis atrás de medio campo que a nosa defensa deixa botar o balón e recólleo de novo unha xogadora local para marcar.
Comezamos a segunda parte dominando e tendo posesión do balón coas rivais esperándonos no seu campo, pero en canto roubaban a pelota lanzaban pases longos que gañaban en velocidade o noso equipo e así conseguiron 3 goles máis.
En definitiva, penso que este partido nos vai a valer de moito para darnos conta de como debe de traballar un equipo para competir; a lectura que debemos sacar é que as nosas xogadoras son tan boas como as rivais e o equipo xoga tan ben ou mellor que o rival, pero en actitude, competitividade e disputa gañáronnos non por 6, senón por 100 goles; era incrible ver a xogadoras rivais gañando por 5 goles de diferenza e no minuto 90 facer un sprint de 30 metros e tirarse arrastrandose ao chan para tentar que un balón non saíse fose de banda.

hola saludos somos un equipo femenil de mexico pasando a saludar nuestra
ResponderSuprimir