
ARRIBA IMAGENES DEL AGUIÑO Y BARBADAS EN EL PARTIDO DE AYER.
Imagen de archivo de Coira, autora de los dos goles. Un gran acierto la incorporación de esta futbolista que está resultando una pieza clave en esta temporada.
XUVENTUDE AGUIÑO-1 BARBADAS-2
Barbadás: House, María (Su m.57), Abi, Paci, Jani, Cris, Coira, Mónica, Emma (Mendi m. 34), Vero (Nuri m. 85) e Albiña (Alba m. 57).
Magnifico resultado o obtido polo equipo feminino da U.D. Barbadás no campo de “A Tasca” en Ribeira, ante o Xuventude de Aguiño, un dos favoritos ao ascenso de categoría. Hoxe as nosas mozas saíron coa lección aprendida de fai 15 días da derrota sufrida ante o Orzán, un equipo moi similar en calidade e xogo ás de Ribeira e non cometemos os mesmos erros.
Comezou a segunda parte co Aguiño adiantando a defensa tratando de meternos no noso campo, o que facilitou o noso plantexamento, xa que seguimos coa mesma intensidade defensiva e cada vez que roubábamos o balón faciamos “rápidas contras” que facían dano ás locais. No minuto 59 recuperamos un balón a 15 metros da nosa área e Cris mete un pase raso polo medio da defensa local que estaba no medio campo, Mendi e Vero quedan paradas por estar en fóra de xogo e Jani entra desde atras pola esquerda, vaise soa en diagonal ata a portería local e o seu disparo é rexeitado pola porteira, pero Coira que acompañaba a xogada finaliza a porta baleira e fai o 1-2. De aí ata o final as locais desesperábanse porque non conseguían inquietar á nosa porteira e no minuto 78 expulsaron á súa mellor xogadora por insultar ao árbitro, o que xa foi definitivo e mesmo puidemos aumentar a vantaxe, xa que Vero tivo o 1-3 nunha "vaselina" que sacou unha defensa local.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada