13 octubre 2009

CADETES (RIBEIRO-4 BARBADAS-6) - CRONICA Y VIDEO DE LA WEB DEL RIBEIRO


Semana moi difícil para todo o Ribeiro F.C. e moi especialmente no equipo cadete. Toda a problemática vivida durante estas semanas agudizáronse esta por non saber o que realmente ía suceder á hora do partido: se iamos xogar, se se producirían incidentes, etc. A todo iso non puidemos adestrar con normalidade xa que o día autorizado para adestrar no Xestal pecháronnos as portas polo que o céspede non o puidemos pisar ata a hora do encontro.

Desde logo non é escusa do resultado obtido. O Barbadás fixo un partido moi serio, cunha gran intensidade e moita calidade nos seus xogadores. 
O conxunto que dirixe Alberto adiantouse moi pronto ao aproveitar o rexeite de Kike nunha gran parada. Os nosos non viñeron abaixo e lograron o empate ao resolver Roberto un man a man co bo porteiro do Barbadás. Cando o partido estaba máis igualado, un penalti a favor do Barbadás nunha xogada sen transcendencia deulle vantaxe no marador coa que chegamos ao descanso.
Tras a continuación o Ribeiro saíu descentrado e o equipo visitante aproveitouno con dous novos goles que parecía sentenciar o partido. Pero os nosos teñen, ademais de calidade, orgullo e intentaron recortar distancias. E conseguírono dunha forma incrible ata conseguir o empate a 4 con goles de Iago, e Roberto(2).  Cando todo parecía que se ía a decantar ao noso lado novamente xurdiu un erro defensivo que deu ao traste a remontada. 
A intensidade do partido fixo vibrar aos seguidores de ambos os conxuntos que moi deportivamente agradeceron aos dous equipos o esforzo realizado. 
Desde aquí queremos agradecer ao Barbadás e ao colexiado a súa paciencia e disposición polos problemas ocasionados ao comezo do encontro.

Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Cani, Arturo (Poto), David, Chechu (Izan), Jose, Juanma (Dani), Roberto, Gabri, Antón (Ángel) e Iago

Cronica, imagen y video de la excelente Web del Ribeiro con agradecemiento en especial a Fernando y a su gran trabajo, deseando desde aquí que todos los problemas se solucionen cuanto antes, ya que los chavales nunca deben ser los que pagen la mala gestión de sus mayores ni sus intereses políticos o de la índole que sean. 

UN VIDEO CON TODOS LOS GOLES DEL PARTIDO

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada