31 agosto 2000

1ª ANDAINA PONTE BIBEI


I ANDAINA     PONTE-BIBEI

A I andaina “Ponte Bibei”  vaise celebrar o vindeiro domingo día 4 de setembro do 2011, a partires das 9:30h.Dita andaina ten como  propósito o achegamento a un tesouro natural, cultural e paisaxistico do oriente ourensan  que poderán disfrutar os que se animen a participar nela.O percorrido será de 25 kilometros coa saída na praza do reloxo na Pobra de Trives, para despois ir deixando o centro do pobo e ir achegándonos polos viñedos ·”Pio” en  San Fiz o Pazo da Corga onde destaca a porta enmarcada por dous torreons  e un patio. Seguiremos dirección Mendoia pasando pola Ponte cabalar de orixe Romana e os muiños disfrutando da beleza da paisaxe na que se enclava. De seguido tomaremos unha antigua calzada romana Via Nova (via 18 do itinerario de Antonio) ata baixar a Ponte Bibei (unha das mellares pontes conservadas da Época de Trajano) continuaremos ata á área recreativa do Caneiro e comezaremos a subida hacia as Adegas de “A Mata”  onde disfrutaremos dunhas impresionantes vistas da zona e cruzaremos así mesmo os viñedos das Adegas Dominio do Bibei en dirección a Sobrado onde atopamos o pazo de Barbeirón de aspecto Románico e connotacións señoriais e a Igrexa medieval de Sobrado, o cruzeiro e a gran torre campanario, e continuando pola calzada romana cruzaremos un extenso souto de castiñerios xa chegando de novo ao noso destino na praza do reloxo en  A Pobre de Trives.
SAÍDA: ás 9:30h da Praza do reloxo.
REGULAMENTO:
Inscricións: ata ó 3 de setembro na oficina de turismo de A Pobra de Trives ou no teléfono 670-471520 Belén.
Cuota de inscrición: 10€. O pago da incrición farase nas contas do concello:    Banco Pastor 00720315110000100145.  
Obrigatorio mandar copia do ingreso por fax ao 988 33 1010 ou por correo electrónico a: turismotrives@hotmail.com
Entrega de dorsais: 30 minutos antes de empezar. Idade mínima. Non hai. Participantes menores de idade baixo a responsabilidade dos país ou titores.
AVITUALLAMENTO:
Ao longo do percorrido haberá puntos de avituallamento sólido e líquido e controis de paso. O remate comida  para tódolos participantes.
PREMIOS:
Agasallos a tódolos participantes.
Sorteo de regalos entre os participantes cos números dos dorsais.
RECOMENDACIÓNS:
Respetar as instrucións da organización.
Respetar o entorno.
En caso de abandonar ou de necesidade avisar á organización.

OBSERVACIÓNS:
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia. 
A organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrelles os participantes p

1 comentarios:

  1. Moi boa idea. Máis un inciso, primeiro será " Pazo da Corga", e logo viñedos do "Pio", en San Fiz. Que eu sepa, o segundo está máis lonxe que o primeiro segundo se baixa, non?.

    ResponderSuprimir